01/10/26
29/05/25
Concurso de relatos: alumnado premiado
Os alumnos e alumnas que resultaron premiados no CONCURSO DE RELATOS CURTOS que como cada ano convoca o EDNL en colaboración co Departamento de Lingua Galega do IES Río Miño de Rábade polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS son os seguintes:
Nivel 1 (1º e 2º ESO):
- Primeiro premio (diploma e vale de 15,00 €): Lara García Pérez (2º ESO B)
- Segundo premio (diploma e libro en galego): María Nogareda Sánchez (1ºESO B)
Nivel 2 (3º e 4º ESO) :
- Primeiro premio (diploma e vale de 15,00 €): Daniel Longarela Núñez (3º ESO A)
- Segundo premio (diploma e libro en galego): Olivia Vázquez Zapata (3º ESO B)
27/05/24
As dúbidas, de Celia Coira Alcolado
E con este de Celia Coira (de 4ºESO B) rematamos a publicación dos relatos premiados no Concurso convocado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDL con motivo do Día das Letras Galegas. Este relato obtivo o 2º premio no 2º Nivel (3º e 4º da ESO).
Mario utilizaba a súa infancia como vía de escape, e aínda que sabía perfectamente que a tiña moi idealizada, aquel tempo fora o único no que vivira co seu pai e iso o reconfortaba.
Mario só tiá dous recordos co seu pai: xogando cun axóuxere na cociña unha tarde de inverno e estando con el e coa súa nai nunha multitude; aínda que ela non o recorde, Mario está seguro de que foi nas festa da vila. O único que quere este rapaz é poder chegar a ser coma o seu pai algún día, pero o que lle falta por saber é como era o seu pai.
El pregúntalle día si, día tamén á súa avoa materna e esta cóntalle historias absurdas de como se coñeceron a súa filla e o seu xenro, ou de cal foi a igrexa na que casaron; pero Mario nunca chega a enteirarse de como vestía como falaba ou cal era o seu lugar favorito. As dúbidas estano matando por dentro.
A avoa está asustaa e temerosa, vive na dúbida constante de se dicirlle ao pequeno o que realmente ocorreu, ou seguir a contar trapalladas das que conta, por que non, non quere que o seu querido Maritiño saiba toda a historia; non quere que Maritiño saiba como "papi" maltrataba a súa filla física e mentalmente, como a axexaba dende o coche cando ía a facer a compra ou cando a metía no alpendre e empezaba a tirarlle cousas e a chamarlle infiel, mentirosa, traidora...
Sabe perfectamente que a súa filla recorda aquela multitude nas festas da vila, porque foi a última vez na que o seu marido a tocou. Non sabe nin cando nin como llo acabará contando a Maritiño, pero terá que facelo; as dúbidas estano matando por dentro.
26/05/24
Lagoa Araujo: Non vexo nada
A seguir, o relato de Lagoa Araujo, de 4ºESO B, que obtivo o 1º premio do 2º Nivel (alumnado de 3º e 4º de ESO) no Concurso de Relatos.
Non vexo nada, a negrura do alpendre abarcábao todo, o silencio que había deixaba paso a escoitar o latexo acelerado do meu corazón.
Entrara aquí escapando del, o xenro de Alena xa mo advertira, pero eu non lle quixera facer caso. Saír pola noite non me parecera tan mala idea, necesitaba a frescura da noite para que me deixasen de chegar as imaxes daquel acontecemento.
Aínda que segue moi escuro, a miña vista xa se acostumou algo e agora podo ver a silueta das ferramentas do meu avó. Achégome á parede para coller a machada, teño un mal augurio, sentía como alguén me axexaba dende algún lugar da estancia, e iso só facía que a miña respiración empeorase.
A piques de coller a machada sentín o cruxir da madeira pero non parei, pensando eu. Pero nada máis lonxe da realidade, escóitase o son dun axóuxere como se estivese na distancia, mais sei que non é así. O meu pulso parece que vai estoupar, e unha dor moi intensa instálase na miña cabeza.
Empezo a notar formigueo nas pernas, pero non é interno. O pánico empézame a corroer ao notar a multitude de insectos por todo o corpo, nótoas nas mans, na cara, e empezo a chorar cando sinto como se me meten polas orellas e como intentan atravesar a miña pel, mordéndoa para meterse dentro.
Esa dor provócame dar un berro desgarrador que sei que será o comezo dos últimos que darei antes que os bichos de Aster me coman viva.
24/05/24
Bicos con sabor a sol, de Olivia Sotillo
Publicamos a seguir o relato que obtivo o 2º Premio do 1º nivel (cursos 1º e 2º de ESO) do Concurso de Relatos: Olivia Sotillo Izquierdo, de 1º ESO B.
O primeiro día que a vin caín rendido aos seus pés. Multitude de xente falárame da belísima moza do poboado do lado das montañas, pero non tiña nada que ver coa realidade. Tiña o cabelo louro coma o sol no crepúsculo e uns ollos azuis coma as augas do mar nunha tormenta. Eu axexábaa de lonxe e admirábaa coma un meniño cun axóuxere novo.
Despois de anos queréndoa, declareime no alpendre da súa casa nun día de choiva. Cando a biquei, o arco da vella saíu no ceo. Os seus beizos sabía a luz e a cores, miles de cores.
A día de hoxe, os seus pais poden chamarme xenro. Tamén descubrín a mellor cousa do mundo: os seus bicos saben a sol.
22/05/24
Concurso de relatos: alumnado premiado
Os alumnos e alumnas que resultaron premiados no CONCURSO DE RELATOS CURTOS que como cada ano convoca o EDNL en colaboración co Departamento de Lingua Galega do IES Río Miño de Rábade co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS son os seguintes:
Nivel 1 (1º e 2º ESO):
- Primeiro premio (diploma e vale de 20,00 € para material escolar): Iván Jesús Río Pernas (1º ESO C) co relato Entre a multitude.
- Segundo premio (diploma e vale de 15,00 €): Olivia Sotillo Izquierdo (1º ESO B) por Bicos con sabor a sol.
Nivel 2 (3º e 4º ESO) :
- Primeiro premio (diploma e vale de 20,00 €): Lagoa Araujo González (4º ESO B) por Non vexo nada.
- Segundo premio (diploma e vale de 15,00 €): Celia Coira Alcolado (4º ESO B) por As dúbidas.
02/05/24
Bases
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Luísa Villalta,
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.
As bases que rexen este certame son:
1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.
2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.
3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):
multitude, axexaba, alpendre, axóuxere, xenro
4. Extensión máxima de 100 palabras.
5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e entregaranse ao profesorado correspondente.
6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:
- Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
- Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO
Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.
7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.
8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.
9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
03/05/23
Bases
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de LGL do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.
As bases que rexen este certame son:
1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.
2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.
3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):
esbardallar, sarabia, aperta, ledicia, xeonllo, salouco.
4. Extensión máxima de 100 palabras.
5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura e entregaranse ao/á profesor/a correspondente.
6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:
- Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
- Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO
Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.
7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.
8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.
9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
12/05/22
"Ola, miña xoia!"
Coa publicación do relato de Raquel Fernández Fernández, alumna de 3ºESO-B, premiado co 2º Premio do nivel 2 (3º e 4º de ESO) no Concurso de Relato Curto das Letras Galegas 2022, titulado Ola, miña xoia! rematamos a publicación dos catro relatos seleccionados este ano.
Parabéns ás autoras, e a todos e todas, moi felices Letras Galegas
Ola, miña xoia!
Que tal está a miña neta preferida?
Se estás lendo esta carta, eu xa non estou ao teu lado. Espero que non esteas chea de tristeza, es unha nena moi viva e alegre e ese sentimento non che pode inundar o teu corpo.
Gustaríame contarche a verdadeira causa da miña morte, xa que a que ti escoitaches non é a verdadeira. No tiven un infarto, pódoche garantir que o meu corazón funcionou ben ata a fin dos meus días.
É unha historia abraiante, pero non debes contarlla a ninguén, é un segredo entre ti e mais eu, miña rula.
Escoitaches algunha vez o conflito do Courel que verdadeiramente foi unha persecución policíaca, non un conflito como o chama toda a xente que está mal informada.
Ben sabes que eu era inspectora, e que ademais era das mellores. A min encargábanme moitos casos, e resolvíaos todos. Fun a primeira muller en conseguir unha medalla ao valor, creo que se chama así, a túa avoa vai vella!
Un día de tormenta, unha moi perigosa, con raios e tronos cada minuto, eu seguía en comisaría porque estaba de garda. Non estaba moi contenta, pero cando o teléfono empezou a soar púxenme alerta. Respondín, e o único que escoitaba era o son da chuvia caendo contra o chan. Ós poucos segundos escoitei un rapaz que pedía axuda; cando lle preguntei onde se encontraba, colgou.
Intentei situar a chamada. Ao rastreala puiden situala nun bosque do Courel. Chamei ao meu superior e puxo á miña disposición tres patrullas.,
Ao chegar á finca non atopamos a ninguén, eu decidín buscar, pero sen resultados. Botamos a correr cara ao son, intentantdo ubicarnos. Encontramos un rapaz feble, medio morto, e chamamos á ambulancia. O meu superior, que xa estaba alí, correu detrás do atacante, que intentou escapar. Aparecín ao seu lado e deime conta de que pertencía a unha banda perigosa. Detivémolo e metémolo no cárcere.
O nome da banda non cho vou dicir pola túa seguridade.
Eles fixeron que eu morrese, así que, como ben sei que ti queres ser policía tamén, espero que vingues a miña morte.
Cóidate moito, miña ruliña!
Un bico.
![]() |
| Raquel Fernández, co diploma |
"Pesadelos de verdade"
O 1º premio do Nivel 2 (3º e 4º de ESO) do Concurso de Relato Curto das Letras Galegas 2022 foi para o conto "Pesadelos de verdade", da alumna de 4ºESO-A, Noa López Follana. Este é:
O soño repetíase, noite tras noite, cada vez que Marta durmía no faiado da casa dos seus avós, que tería de especial aquel lugar?
En canto pechaba os ollos e o sono a invadía, a imaxe daquel raro molusco alongado de oito brazos aparecíaselle como aparece calquera ser do máis estraño nunha película de terror que semella a realidade. A lura repetíalle , ao tempo que movía os seus grans tentáculos:
-Ven, Marta, venme ver, anda! Sei que es moi boa rapaza…
Tería algo que ver todo isto coa sospeitosa amizade que Xoán (noivo de Marta) e Lucía estaban a ter ultimamente?
Marta estaba confusa, xa que os acontecementos dos días anteriores fixeran que entrase neste estado mental. Non era doado, non vaias pensar, para unha moza coma Marta, aceptar a posible infidelidade do seu mozo. Moito menos, érao aceptar que seguise mentindo, a pesar da sospeita.
A rapaza decide erguerse e, tras tomar o almorzo que o seu pai lle deixara preparado, diríxese ao souto que se atopa moi preto da casa da súa infancia, a casa de Carme e Luís, os seus avós. Nada máis chegar, Marta non cre o que os seus ollos están a ver...
-Xoán! - berra a moza, desesperada…
De súpeto, a rapaza que se agocha tras un castiñeiro do denso bosque sae e dirixe a ollada cara á moza, que non é capaz de saír do seu abraio…
Millóns de imaxes percorren a cabeza de Marta, entre elas a da noite anterior. O que realmente deixou conxelada á moza foi un detalle do que se equecera durante o día…
-Son Lucía - dicía a lura, a noite anterior.
![]() |
| Noa López Follana tras recibir o premio |
11/05/22
"Meus pais non me querían"
Publicamos a seguir o relato que obtivo o 2º Premio do 1º nivel (cursos 1º e 2º de ESO) do Concurso de Relatos: Lagoa Araujo González, de 2º ESO.
Meus pais non me querían.
Sacara esa conclusión cando me dixeron que venderían a casa e se mudarían a Madrid. Iso non era o peor, o peor era que eu non iría con eles, que tería que buscar a vida eu soa.
Polo menos non venderon o noso souto; encantábame cando era pequena. Pasaba a maior parte do tempo alí, moitas veces quería atopar unha nova especie de animal, co que só conseguín atopar un verme moi raro e peludo.
Ás veces quedaba coa miña mellor amiga e iamos alí, pero a nosa amizade foise rompendo pouco a pouco co paso do tempo e agora non teño a ninguén.
Despois de meter todas as miñas cousas en caixas, decidín ir ver o souto, xa que había moito que non pasaba po alí. A medida que daba máis e máis pasos, os recordos ían chegando e con eles as emocións que producían.
Chegou un momento no que parei de camiñar. Había unha casa non moi gande na que parecía non haber ninguén. A porta estaba aberta e decidín entrar. Estaba escuro e daba un pouco de medo, pero seguín camiñando para ver se había alguén. Non atopei nin unha soa alma nese lugarm, pero o que si atopei foi unha especie de porta no tellado que non foi doado abrir. Supuxen que daría ao faiado, e así foi.
Había moitas caixas e cousas antigas cheas de po, pero de todas esas cousas fixeime nun cadro dunha lura, xa o vira antes, estaba segura.
Non me deu tempo de seguir observando. Alguén me dera na cabeza e agora atopábame morta no chan dese faiado, dunha casa que non coñecía, e atacada por alguén misterioso do que nunca sabería a súa identidade.
Pode que incluso fosen os meus pais, pero xa non o podería saber, o meu corpo xa non tiña vida, e ninguén me ía atopar alí, no medio dunha propiedade privada.
"É un día normal para Nerea"
Así se titula o conto que obtivo o 1º Premio no Nivel 1 (alumnado de 1º e 2º de ESO) do Concurso de Relatos convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, o Departamento de Lingua e a Biblioteca do noso Instituto. A autora é Cristina Pena Guerra, alumna de 1ºESO-A.
É un día normal para Nerea; levántase pronto pola mañá e mira pola ventá, seu avó xa está traballando fóra, deben de ser as sete da mañá. Nerea non ten sono, polo tanto decide levantarse, a pesar de que hoxe non ten que ir á escola e normalmente eses días queda na cama ata as oito ou nove. O primeiro que fai é vestirse, pon roupa cómoda, xa que hoxe lle apetece ir dar un paseo. Logo vai almorzar, e a continuación lava os dentes e a cara. Despídese de seu pai, é a única que está na casa, debido á viaxe de traballo na que está súa mai.
Diríxese ao seu querido soutom, ao que ten tanto cariño, pois leva indo todas as semanas dende moi pequena. Cando vai paseando encontra un vulto na terra que nunca vira, hoxe decidiu ir polo camiño que nunca colle, pero aínda así chamoulle a atención. Colle unha rama do chan e comeza a cavar. Despois dun pouco encontra unha caixa que lle resulta moi familiar, parécese a unha que tiña seu avó, pero non sabe onde. Antes de abrila, quere asegurarse de que é como a de seu avó, e vai correndo á casa. O primeiro lugar onde mira é o faiado, pois alí sempre hai cousas vellas que ninguén usa, e non se arrepinte, a caixa estaba alí. Compara as caixas, son completamente iguais. Na caixa de seu avó sabe perfectamente o que hai: unha chave, pero nunca soubo para que era. Agora dáse de conta, é para abrir a outra caixa. É moi doado abrila, e dentro encontra unhas fotos. Hai un rapaz e unha rapaza, o rapaz recórdalle moito a seu avó. De repente chega seu pai, e dille que hai que ir comer. Nerea dáse présa, intenta non mancharse moito, pois no lugar no que está hai moitísimos vermes e sempre está sucio.
Hai de comer luras. Aproveita esta oportunidade para preguntarlle a seu avó pola caixa, e despois de moito insistir consegue que llo diga. A rapaza coa que estaba era súa avoa, da que ninguén soía falarlle. Morrera de moi nova nun accidente de avión. Seu avó cóntalle que uns días antes do accidente gardaran alí esa caixa para vela dentro duns anos, e dende aquela non a volvera ver, pois pensaba que estaba perdida. Agora Nerea xa o sabe, e ten ganas de ir á clase para contarllo ás súas amigas, coas que ten unha gran amizade.
![]() |
| Cristina Pena Guerra mostra o diploma acreditativo |
14/05/21
Marta e a serpe xigante, de Paula Gay Nuñez (1ºESO C)
Co relato seguinte, gañador do 2º premio do 2º Nivel (1º e 2º ESO) do Concurso de Relato Curto convocado polo IES Río Miño con motivo das Letras Galegas 2021, concluímos a publicación dos relatos premiados.
Parabéns a eles e elas.
Había unha vez hai moitos anos unha serpe á que todos tiñan medo, seguramente polo seu gran tamaño, pero tamén polo seu poder.
Esta serpe vivía moi preto dunha fervenza. non era tampouco unha fervenza calquera, era a fervenza máis grande de todos os arredores.
Só unha persoa que vira a fervenza e tamén a serpe vivira para contalo. Esa persoa: Marta.
Marta era unha rapaza loura, de ollos azuis e de estatura media. Ela aseguraba ter visto a serpe e a fervenza. Conta que, sen as súas luvas, que herdou de súa nai e que xa levan moitas xeracións sendo herdadas, non o conseguiría. Afirma que as luvas comezaron a pelexar soas, que ela non tivera que facer nada. Ese día chegar á casa chea de lama. Algún cren o que ela di, outros non. Aínda así, ninguén se atreve a ir á fervenza por temor a encontrarse coa serpe. Pero a serpe non estaba a gusto, non quería que seguisen dicindo que unha rapaza lle gañara. Así que decidiu atacar o pequeno pobo no que Marta vivía.
A todos os colleu por sorpresa. Marta tiña un fillo de poucos meses, e a súa prioridade era protexelo. Deixouno na súa habitación e entregoulle un axóuxere, e, con moito agarimo, deulle un bico e foise a pelexar. Luvas en man, pelexou e pelexou, pero esta vez a serpe gañou a batalla. O pobo quedou completamente desfeito. Só unha persoa sobrevivíu: o fillo de Marta, Xoán. O axóuxere que Marta lle entregara protexeuno da serpe e enviouno ao fogar dunha familia que ao día seguinte o encontraría na porta da súa casa, aínda co axóuxere na man. Tiña tamén unha nota na que Marta explicaba todo o sucedido, e pedía que coidasen do seu fillo e non lle contasen nada do que sucedeu.
Xoán creceu, levou unha vida normal, nunca soubo nada.
![]() |
| Paula Gay recolle o diploma |
13/05/21
A viaxe de Naia, de Olalla Camaño Gómez, 2ºESO C (1º Premio. Nivel 2 do Concurso de Relatos)
Un día a Naia ocorréuselle ir visitar as fervenzas do Niágara coas amigas. Entón elas vestíronse e puxeron o gorro, as luvas… xa que non había nin un grao. Puxeron camiño ata alí, pero cando lles faltaban poucos minutos atoparon unha serpe que estaba coidando dos seus ovos. Pasaron por diante dela e seguiron camiño adiante. Ao chegaren, viron un bebé abandonado e un axóuxere ao seu carón. El estaba esperto, pero choraba porque o axóuxere quedara entalado na lama que había ao carón do río Mississipi. Naia e as amigas intentaron socorrelo, pero tamén tiñan que estar co neno. Despois de tanto pensar, colleron unha rede que había colgada dunha árbore e sacaron o seu xoguete. Tiña forma estrelada e no centro poñía o nome do neno, Lían. Elas decidiron levalo á excursión das fervenzas do Niágara , e ao chegar despois de cruzar o río, aquilo era fermosísimo. Sacaron fotos, comeron e pasaron o día ríndose co pequeno bebé que xa camiñaba. Ían regresar á casa cando, de repente, empezou a chover. Viron unha casa pequena e de madeira e entraron,pero dentro desta había neve. Entón estiveron co neno xogando ata que, da forte choiva, o tellado caeu enriba do neno e morreu. Elas puxéronse tristes xa que lle colleran moito agarimo durante esas horas xuntos. Volveron ás Rochosas para enterrar o neno e estar coa familia delas. Pasados uns días foron en avión ata Polonia para visitar os fermosísimos museos. Ao entraren nun deles choraron, xa que nun cadro aparecía o nome de Lían. Pero elas sabían que el as vía dende o ceo. Foron comer e voltaron para a casa. Pero desta volta non ían volver máis a eses sitios de excursión. Despedíronse e foron durmir para seguir esquecendo a traxedia do primeiro día de verán.
12/05/21
Paseo polas lembranzas, de Isara Longarela (3ºESO A): 2º Premio do Nivel 1 do Concurso de Relatos
Xogando con estes pensamentos, decateime de que tiña un álbum de fotos no armario, fun por el e mireino detidamente, era de coiro e en letras douradas,tiña gravadas as miñas palabras favoritas: “Madía leva”. Xa non lembraba por que me gustaban tanto...Abrino. Os meus sentimentos, que levaba tanto tempo agochando, estouparon, e saíron dende a gorxa ao exterior.
Pasei chorando uns minutos, pero lembrei o que me dicía a miña nai: “ Os sentimentos non son malos, pero hai que saber controlalos”. E así fixen, seguín pasando páxinas ata chegar onde, probablemente, o meu corazón quería dende o principio : as fotos de meu único e fermoso bebé.
Pechei os ollos, e cando os volvín a abrir, xa non estaba no meu cuarto. Si , ero o mesmo, pero había algo diferente, un berce, cunha nena revoltosa e un pouco bulebule que non paraba de chorar. Eu achegueime a modiño ao leito de madeira e mireina ;sentín o meu corazón bater con forza. Era a miña pequena, a miña rula! Cando o bebe mirou para min, deixou de chorar , e os nosos corazóns lateron á par. Quedamos así uns minutos, sentindo a maxia do amor verdadeiro, o que só existe entre unha filla e a súa nai; logo collina no colo e aloumiñeina no nocello, e empezou a rir. Eu xa sabía que o ía facer porque aí era onde tiña cóxegas. O seu riso levoume de volta á realidade. Maldecín polo baixo perder aquel riso, pero despois de cavilar un cacho decateime de que aínda non o perdera, que non estaba soa, que as cousas podían cambiar.
Esta vez, cando fun deitarme, puiden pechar os ollos, sabendo que cando espertara ía ser un novo día para arranxar as cousas.
11/05/21
Un seis de maio, de Pablo Rodríguez Rodríguez
Pablo Rodríguez Rodríguez, de 4ºESO A, resultou gañador do 1º Premio do Nivel 1 do Concurso de Relato Curto do IES Río Miño de Rábade co relato titulado "Un seis de maio", que ofrecemos a seguir:
Todo comezou un día gris, un 6 de maio , certamente ás catro da tarde, para ser máis exactos. Foi nese mesmo intre, cando no paritorio do hospital Lucus Augusti naceron uns xemelgos. Nas radiografías previas ao parto non se atopaba ningunha anomalía,concretamente atopouse ao comezo do parto.
María era unha rapaza pertencente ao municipio de O Corgo (Lugo), que casara cun rapaz que estudara con ela, chamado Xabier. Ao ano e pouco de casar decidiron ter un fillo. Foi unha sorpresa que María quedase embarada á primeira, pero máis sorpresa foi cando catro meses despois se enterou de que eran xemelgos.
María ingresou no hospital o 5 de maio , pero o doutor xa lle dixera que os seus fillos ían nacer o día 6. E o doutor Xoán Ramón non se equivocaba. Como todos sabemos para ser un bo doutor hai que ter un nome composto, xa que eu non recordo ningún bo cun nome só.
Deixando as miñas teorías dispostas a matar o tempo, volvemos a ese 6 de maio: ás tres da tarde ,María púxose de parto de forma natural; levárona á sala que lle proporcionaran para dar a luz, alí dentro estaba o doutor Xoán Ramón coas súas axudantes. o primeiro que fixo o doutor Xoán Ramón foi comprobar a posición na que viñan os nenos, cando se deu conta de que estes aparecían cada un colocado de forma diferente e ademais extremadamente xuntos. Non o dubidou e avisou a María de que era necesaria unha cesárea. María non se puxo moi nerviosa, ao mellor foi porque o seu doutor tiña un nome composto, pero o caso é que non se puxo nerviosa, mentres que Xabier estaba que subía polas paredes dos nervios. Cando o doutor fixo a incisión para sacar aos nenos, deuse conta que viñan pegados! Viñan pegados ao revés! O nocello dun estaba xunta á gorxa do outro!
En seguida a noticia se soubo en todo o hospital, ata os médicos residentes comentaban:; Na miña vida vin unha cousa así! Madía leva!
Nos seguintes días foran as televisións de todos os recunchos do mundo e a familia recibiu o aloumiño de moitas persoas.
Grazas a este recoñecemento mundial púidose pagar a operación para separar os pequenos, que non era nin máis nin menos que 300.000 €!
A operación comezou un día despexado, un 20 de maio certamente, ás 6 da tarde, para ser máis exactos…...
10/05/21
Fallo do Concurso de Relato Curto
O Xurado do Concurso de Relato Curto convocado polo Día das Letras Galegas 2021 acordou seleccionar os seguintes relatos, por categorías:
1º NIVEL (CURSOS 3º e 4º ESO)
1º PREMIO: diploma e 30 € en material escolar.
PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (4ºA)
2ºPREMIO: diploma e 20 € en material escolar.
ISARA LONGARELA FERNÁNDEZ (3ºA)
2ºNIVEL (CURSOS 1º e 2º ESO)
1º PREMIO: diploma e 30 € en material escolar.
OLALLA CAMAÑO GÓMEZ (2ºC)
2ºPREMIO: diploma e 20 € en material escolar.
PAULA GAY NÚÑEZ (1ºC)
22/02/21
O raposo e o lobo
21/05/20
09/06/18
O SON DO OURO
Óliver. Ese é o meu nome. Acabo de axudarlle á policía a coller a un asasino que elixía o día do seu próximo crime segundo os días do comezo e final das batallas máis importantes da Guerra Civil española. Conseguín poñerme en contacto coa policía grazas a que meu pai é o comisario xefe do distrito A de León. Algunhas veces, a miña familia fala dos casos que aínda hai abertos na comisaría porque meu pai é comisario, como xa nomeei anteriormente, e miña nai é a encargada da fiscalía de Castela e León. Polo tanto,os seus traballos están relacionados continuamente. Esta situación provoca que ás veces haxa tensión entre eles polo estrés. O mellor disto son as vacacións do verán. O ano pasado fomos ás Rías Baixas en Pontevedra; a area miúda, a auga fresca; teño grandes recordos desas vacacións. Este ano a familia decidiu facer a ruta de sendeirismo das Médulas. -Óliver, fixácheste nese castiñeiro?-pregúntame meu pai que aparte de ser comisario sente una paixón enorme pola natureza,e en concreto polas árbores. -Si papá, é moi bonito coas súas follas verdes como todas as plantas que hai por aquí.-Non aturo a súa paixón, igual que el tampouco atura a miña debilidade pola historia. Estou especialmente ilusionado con esta viaxe porque estas montañas foron minas romanas e ademais grazas aos meus coñecementos históricos sei como facían para explotar a súa riqueza. Utilizaban os regatos da montaña para canalizar e embalsar a auga na parte superior da explotación. A montaña furábase coidadosamente cunha sofisticada rede de galerías,que ao descargar a auga embalsada, ía desfacendo a montaña e conducindo a pedra desfeita aos lavadeiros para que os esclavos dos romanos separasen o ouro da pedra restante da destrución da montaña. Para min e para outros historiadores contemporáneos parécenos un sistema hidráulico incrible, xa que nesa época non posuían a tecnoloxía que hoxe hai,-polo tanto mostraban uns coñecementos privilexiados para o período no que se encontraban. Así que teño unha gran curiosidade por entrar nas galerías e poder observar detidamente o seu interior apreciando cada detalle e cada rocha. -Marcos,non presiones ao rapaz, que non está tan metido no tema coma ti. Ademais, está desexando chegar ás galerías para podelas disfrutar.- Nunca me pareceu mal que miña nai me defendese pero tampouco me gustou moito a súa sobreprotección. -Por fin chegamos- anuncia meu pai casi asfixiado pola enorme camiñata. -Si,isto é verdadeiramente fermoso.-Non minto ao dicir que estaba moi fascinado con esas vistas desde o mirador. Toda a ruta que xa completaramos,acompañados das grandes montañas de pedra dunha estraña cor vermella. -Agora entraremos nas galerías.-Morro das ganas que teño de poder entrar nelas. O encargado proporciónanos a información e o equipamento necesarios para entrar nas covas de terrra feitas polos romanos hai uns centos de anos.Asemella ser un home de idade. O seu cabelo perdeu xa a súa cor, que, probablemente,fora escura, xa que nas cellas aínda quedan cabelos de cor marrón escuro. Entramos nas galerías cunha familia de catro:Un home e unha muller, cunha rapaza e un rapaz. Ambos parecen ser da miña idade polo tanto vémonos obrigados a ir na metade do grupo por seguridade. Á cabeza do grupo van os homes e o guía, mentres que ao final da caravana van as nosas nais. O guía chámase Pepe das Pedras. Segundo nos contou,o seu alcume puxérallo un antigo traballador co que adoitaba percorrer as galerías e que despediran hai dúas semanas;dixo tamén que as causas do seu despido foran moi estranas.O xefe, ao parecer, decidira despedilo debido a que provocaba pavor no cliente ao contarlle que nas galerías executaban tamén aos esclavos que non tiñan as capacidades idóneas para realizar todo o proceso.Aseguraba que ás veces oía os espíritos dos esclavos a través das paredes das galerías e afirmaba que lle pedían axuda. -Home… certo certo non hai nada.Eses son contos e lendas para nenos,de verdade cre vostede que se sinten os berros de persoas que morreron hai centos de anos? Neste momento notouse que o home respondeu algo incómodo e irritado a pregunta, cousa a cal notou meu pai.Intentou seguir coas preguntas sobre o tema pero o home respondía con monosílabos sin importancia e de cando en vez con algunha mueca que continuaba reflectindo máis e máis que ese home sabía máis do que contaba. Seguimos camiñando polas galerías nas que se divisaban as siluetas do que nun pasado fora un regato pequeniño. -E ti logo como te chamas? -Pregúntame a rapaza cando eu estaba totalmente distraído no meu mundo interior. -Eeeee! Tes lingua para falar ou comeucha un rato? -Dime esto nun ton de voz maior e tocándome un brazo. -Mmm sí, eu son Óliver -respondo nervioso ao fixarme nos seus enormes ollos verdes que conectan directamente a mirada ata os meus. Tamén me fixo no seu casco vermello que non permite ver toda a súa melena dun negro fulgurante. Continuamos a conversación durante uns minutos e coñecémonos un pouco máis. Contoume que a súa familia era de Ourense pero que vivían dende hai uns anos en Verín, que era unha cidade preciosa; que non dubidase en visitar algún día e que ela podería facerme de guía se decidía visitala percorrendo as rúas e os monumentos máis significativos. Despois dun tempo camiñando no que apenas pasou nada,excepto algún que outro comentario sobre os minerais presentes nas rochas, cruzámonos con traballadores e algún que outro turista desorientado. Estabamos na subgalería C-14 cando pola megafonía un son xordo sonou ao que continuou un pitido molesto de alarma manifestando un claro sinal de evacuación por un escorregamento de terra nun túnel cercano ao noso. De todas formas meu pai non se encontraba de todo seguro de se realmente era un desprendemento de terra o son emitido polos altofalantes. Pepe das Pedras indicou ao grupo o camiño á saída pero meu pai negouse a ir co grupo e decidiu axudar a evacuar as galerías. Miña nai é agora a guía do grupo. Pasamos ao lado das multitudes correndo como polos sen cabeza ata que me dei conta de que tiña que axudar dalgunha maneira.Sonou o altofalante indicando á xente a onde se debería dirixir, soou unha forte detonación que provocou un desprendemento que dividiu o grupo, estaban todos do lado da saída menos eu. Decidín volver por onde andaramos antes e encontreime cun home, alto e delgado con canas por riba das orellas e vestido coma un cidadán normal. -Rapaz, rapaz, achégate, que te levo á outra saída, non te preocupes que marcharemos de aquí- Di o home misterioso. Eu sígoo mentras se oe unha nova detonación.Tras uns segundo correndo, que parecen horas, levado polo medo e a adrenalina encontrámonos con meu pai e Pepe.Os dous están falando dos últimos grupos evacuados cando o home misterioso saca un coitelo e apuñala polas costas a Pepe que laia de dor. Eu quedo pasmado ante tal situación e meu pai sorprendido evita que Pepe caia ao chan. Cun movemento de gran velocidade digno dun boxeador, Pepe cerra o puño e aplica un gancho directo á mandíbula do home que cae ao chan doído. Saca un revólver pequeniño de tres balas e dispáralle ao home nun ombreiro. Xusto cando a bala penetra no corpo do home, Pepe pónse a berrarlle que foi un avaro, que a empresa era súa xa e que fora el quen a botara a perder por querer facerse co control total do negocio. O home coa parte superior do peito chea de sangue érguese con dificultade e colle un pequeño dispositivo cun botón vermello disposto a facer voar polos aires a montaña de terra vermella. -Señores o xogo rematou -Di un home que apareceu da nada. Semella ser novo, co cabelo negro e corto, vestido de traxe e coa barba afeitada, cunha camisa rosa e unha gravata azul escura con puntiños tamén rosas. -Como poden ser vostedes tan inxenuos de pensar que ían poder quitarme a miña empresa? Crían que non me ía dar conta das súas intencións? Pois si. Dúas semanas antes, un de vostedes veu falar comigo á oficina, dicíndome que o seu compañeiro roubara cartos da caixa principal da miña oficina. Revisei os cartos e estaban todos. Días despois deuse a casualidade de que desaparecera un contrato, e adiviñade quen o tiña. Si,acertaron. Son vostedes quen o teñen -di o home, rindo e emocionado polas súas propias palabras coma se dunha película se tratase. -De aquí só imos saír tres persoas, sairemos eu e mais o home este -sinalando a meu pai- e ese cativo-sinalándome a min- e,agora, a actuación final- anuncia sorrindo o home. Saca unha pistola da parte de detrás das costas e dispara á man que suxeitaba o detonador enaquizándolle os ósos da articulación ao outro home, colle o aparello e diríxese a Pepe, pero meu pai nun acto de pura velocidade colle o revólver e dispara ao detonador que se encontraba en poder do xefe, desfacéndoo en anaquiños. Dime que corra e, cando estou preto del, o home de traxe dispáralle a Pepe no peito e meu pai, coa última bala do revólver, dispara a unha carga que asomaba no teito; un escorregamento de pedras vértese enriba do elegante home e queda soterrado baixo o peso de rochas vermellas coma o sangue. Meu pai bota ao lombo o corpo de Pepe e corremos ata a saída da galería. Saímos ante a multitude asombrada pero non de nós, senón ao ver a montaña derribarse tras de nós. Pepe esperta sorrindo e doído tocándose o peito xusto no lugar onde a bala lle deu, saca unha pequena moeda brillante do peto, feita dun material dourado,nese momento entendín que se desmaiara pola coitelada, non polo disparo. Ao sacar a moeda un anaco de metal cae ao chan asemellándose a unha bala de pistola e Pepe cun sorriso na cara di: -Cando disparou sentín un clic e desmaieme. Sen dúbida será un son que nunca olvidarei. Recordareino e contaréillelo aos meus netos; a historia do son do ouro.
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.









