Co relato seguinte, gañador do 2º premio do 2º Nivel (1º e 2º ESO) do Concurso de Relato Curto convocado polo IES Río Miño con motivo das Letras Galegas 2021, concluímos a publicación dos relatos premiados.
Parabéns a eles e elas.
Había unha vez hai moitos anos unha serpe á que todos tiñan medo, seguramente polo seu gran tamaño, pero tamén polo seu poder.
Esta serpe vivía moi preto dunha fervenza. non era tampouco unha fervenza calquera, era a fervenza máis grande de todos os arredores.
Só unha persoa que vira a fervenza e tamén a serpe vivira para contalo. Esa persoa: Marta.
Marta era unha rapaza loura, de ollos azuis e de estatura media. Ela aseguraba ter visto a serpe e a fervenza. Conta que, sen as súas luvas, que herdou de súa nai e que xa levan moitas xeracións sendo herdadas, non o conseguiría. Afirma que as luvas comezaron a pelexar soas, que ela non tivera que facer nada. Ese día chegar á casa chea de lama. Algún cren o que ela di, outros non. Aínda así, ninguén se atreve a ir á fervenza por temor a encontrarse coa serpe. Pero a serpe non estaba a gusto, non quería que seguisen dicindo que unha rapaza lle gañara. Así que decidiu atacar o pequeno pobo no que Marta vivía.
A todos os colleu por sorpresa. Marta tiña un fillo de poucos meses, e a súa prioridade era protexelo. Deixouno na súa habitación e entregoulle un axóuxere, e, con moito agarimo, deulle un bico e foise a pelexar. Luvas en man, pelexou e pelexou, pero esta vez a serpe gañou a batalla. O pobo quedou completamente desfeito. Só unha persoa sobrevivíu: o fillo de Marta, Xoán. O axóuxere que Marta lle entregara protexeuno da serpe e enviouno ao fogar dunha familia que ao día seguinte o encontraría na porta da súa casa, aínda co axóuxere na man. Tiña tamén unha nota na que Marta explicaba todo o sucedido, e pedía que coidasen do seu fillo e non lle contasen nada do que sucedeu.
Xoán creceu, levou unha vida normal, nunca soubo nada.
Paula Gay recolle o diploma |
Ningún comentario:
Publicar un comentario