Amosando publicacións coa etiqueta Lugo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lugo b>. Amosar todas as publicacións
14/03/25
19/09/24
18/10/23
20/01/22
O César de Diego As, candidato a mellor mural do mundo. Parabéns!
| Foto de Nós Diario |
Máis información, entrando aquí
15/12/20
13/05/10
Correlingua 2010

Onte, día 12 de maio e mércores, os nosos alumnos de 1º ESO desprazáronse a Lugo para participaren unha vez máis no Correlingua, a tradicional carreira en defensa do noso idioma. A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro, e os 45 rapaces e raparigas foron acompañados polos profesores Marta López e Manuel González.
08/10/09
O San Froilán de antes
Cómpre ter en conta que as festas do San Froilán non sempre foron como as coñecemos, nin se celebraban onde se celebran hoxe, nin as casetas e barracas se pareceron sempre ás que agora veñen. Propoñémosche unha viaxe no tempo, con axuda de vellas fotos procedentes do arquivo do Concello de Lugo.
04/10/09
22/09/09
Dúas exposicións
Se estás interesado na fotografía, e principalmente na fotografía antiga, ou tes curiosidade por ver como era a vida dos galegos de primeiros do século XX e as súas cidades, achégate á sala de exposicións da Fundación Caixagalicia: até o próximo domingo, 27 de Setembro estará aberta a mostra Ruth Matilda Anderson: unha mirada de antano, con instantáneas que a fotógrafa estadounidense realizou por encargo da Hispanic Society of New York.A imaxe que ilustra esta entrada é unha delas.
Recoñeces o lugar?

Se, polo contrario, o que che interesa é a ourivería, no Museo Provincial podes visitar unha exposición de xoias tradicionais nunca antes expostas ao público: cincocentas cincuenta e catro pezas de entre o século XVI até o XX, en dous grandes grupos: ourivería devocional (relicarios, escapularios, medallas, cruces ou adornos de hábito) e alfaias civís (xoias de loito en acibeche ou ebonita, broches, sapos da indumentaria tradicional galega, pendentes, bolsiños, peitas, forcas ou agullas para o cabelo).

17/09/09
Semana de Cine
Os cinéfilos están de noraboa: unha vez máis, como cada outono, volta a Lugo a Semana Internacional de Cine de Autor que organiza Fonmiñá.O domingo terá lugar a inauguración, e as proxeccións seguirán até o venres nas seccións infantil, de cine galego e italiano, o ciclo sobre igualdade, a homenaxe ao actor Eduardo Fajardo, "O mellor cine do ano", "5 directores italianos", cine do Xacobeo e, naturalmente, a Sección Oficial, con seis películas en competición.Os prezos son reducidos.
Se queres información sobre horarios, carteleira, lugares de proxección e outras actividades relacionadas, entra aquí
Esta é unha pequena selección de bandas sonoras de películas que nos gustan. Escoitádeas!
15/05/09
27/04/09
Festival de Música Cidade de Lugo
Cun fermoso concerto de THE SCHOLARS BAROQUE ENSEMBLE DAVID VAN ASCH, interpretando a Haendel, inaugurouse o venres a XXXVII edición da Semana de Música do Corpus de Lugo.
Este é un dos poucos eventos que nos permitiron ós lucenses escoitar música clásica en vivo, durante moito tempo e que, pouco a pouco, foi gañando un merecido lugar a nivel nacional, dentro dos festivais deste tipo.
Serán dezaoito concertos que van dende a música para os recéns, ata as cancións de Britten, cunha atención especial a Purcell, polo 350 aniversario do seu nacemento; Haydn, polo segundo centenario do seu pasamento e a Haendel no 250 cabodano do seu falecemento.
Para máis datos sobre os lugares, horas e intérpretes, enlazamos o programa.
Pensamos con Platón que "a música é para a alma o que a ximnasia é para o corpo"... e coincidimos con Yehudi Menuhin, violinista e director de orquestra, que di que "a boa música alarga a vida" ; por iso pensamos ir a todos os que nos sexa posible. Para que vos animedes, aí tedes unha mostra:
Georg Friedrich Haendel: O Mesías. Aleluia.
Franz Joseph Haydn: Cuarteto de corda, Op.76, nº 3, "Emperador", 2º mov.

Henry Purcell: Trumpet voluntary
11/12/08
Visita ao xornal e á televisión
Máis de corenta alumnos de 3º de ESO (A, B e C) do noso Instituto, acompañados polos profesores Eva López, Lupe Enríquez, Saúl e Marta López, desprazáronse o día 10 de decembro a Lugo para coñecer in situ as instalacións de Telelugo e El Progreso, ambas no polígono industrial do Ceao. Alumnos e profesores dividíronse en dous grupos: mentres un acudía á televisión, o outro ía ao periódico, e viceversa.

No xornal, os participantes coñeceron de primeira man o funcionamentoda rotativa na que cada madrugada se materializa en papel o diario El Progreso e outras cabeceiras do grupo de comunicación nacidas a partir do centenario periódico lugués. Ao tempo, explicábanselles os diferentes pasos para a elaboración dun diario ata que este chega ao quiosco.
Nas instalacións da televisión local, o director técnico amosoulles todas as dependencias, dedicándolle unha boa parte do tempo ao plató, no cal foron gravados varios alumnos que exercían de presentadores dun telexornal.

Concluíndo, os discentes e mailos docentes gozaron inmensamente desta actividade, sobre todo tendo en conta que ambos os dous medios de comunicación os tiveron en conta nos seus seguintes informativos.
Moitas grazas pola colaboración de todos.

22/01/08
Visita a Lugo
O día 16 de xaneiro fomos a Lugo os alumnos/as dos seguintes cursos: 3ºPDC co profesor Luís Pereira, 4ºPDC coa profesora Ángeles Serrano, e tres alumnas de Cultura Clásica, que ían ver a Casa dos Mosaicos xunto a nós, coa profesora Ana Rico.Cando chegamos ao Museo tivemos que esperar un pouco para entrar porque tamén había outros colexios, pero xa dentro reunímonos co encargado da actividade, un señor moi amable que nos explicou o que tiñamos que facer: formariamos catro grupos e teriamos que movernos por todo o Museo Provincial para poder responder as preguntas sobre o libro que leramos días antes.
O grupo que gañase tería o mellor premio, pero os outros tamén levarían algo; tamén nos repartiu un folleto coas 20 preguntas sobre o libro e un plano do Museo, e deunos de prazo até as 11’15 para volvernos ver na sala 17 e comprobar os acertos.
Non tivemos demasiada sorte porque nós non gañamos; en cambio, os premios que nos deu o señor do Museo non estiveron mal: aos dun equipo deulles un marcapáxinas, aos do outro unha libreta boa para facer chuletas. Houbo dous equipos gañadores con empate, que levaron o premio máximo: un bolígrafo elástico.
Despois fomos á Casa dos Mosaicos, que está na rúa das Dulcerías, xunto á Praza Maior: entramos e atendeunos unha moza moi amable, que nos explicou moi brevemente o se ensinaba naquel museo subterráneo, sobre todo os mosaicos e como foi construída a casa sobre as ruínas romanas; despois púxonos unha proxección nunha pantalla na que se explicaba a historia e a orixe romana da cidade.
Non estivo nada mal a visita, porque unha cousa é que cho conten e outra vivilo e velo en persoa.
A excursión foi moi divertida: pasámolo moi ben e divertímonos e aprendemos moito.
Pensamos que se podería repetir o ano próximo.
Mª del Rocío Ruíz Rodríguez 3ºPDC
Iván Rodríguez Veiga 3ºPDC
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.