21/10/26

As mellores web para descargar libros en galego e portugués


Hoxe As Chaves da Lingua ensínánnos as mellores páxinas web para descargar nos formatos máis populares (TXT, PDF, DOX, ePub, MOBI etc.)  e que así poidas mergullarte na literatura galega e tamén na portuguesa desde o teu móbil, computador ou desde onde ti queiras.



Descargar gratis libros en galego

Galicia Le

Galicia Le trátase dunha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Soamente precisas ser socio/a para acceder ao seu amplo catálogo.

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

A Bivir recolle obras en formato PDF da literatura universal libres de dereitos traducidas ao galego pola Asociación de Tradutores Galegos.

epubgalego

epubgalego é unha iniciativa que trata de recoller nun único sitio web os libros electrónicos en formato ePUB escritos en galego.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega

A Biblioteca Virtual da Real Academia Galega contén unha pequena compilación de obras clásicas galegas de autores como Rosalía de Castro, Luís Amado Carballo e Manuel Curros Enríquez, entre outros.

Galiciana

Galiciana integra, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

poesiagalega.org

poesiagalega.org é unha  base de datos e un repositorio dixital sobre a poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Pódese acceder en formato PDF a algunhas obras completas e a diversas publicacións.

Universo cantigas

Universo cantigas trátase dunha edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa. 

AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ofrece as súas publicacións e algúns libros en PDF.

Galegobook

O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…).

Bubok

Bubok trátase dunha páxina de autopublicación onde se poden encontrar ebooks en galego gratis.

Son de poetas

Son de Poetas é un blog que recoller unha antoloxía de poesía galega musicada, desde a época medieval até a actualidade.

Descargar gratis libros en portugués

  1. Dominio Público (Brasil): 
  2. Biblioteca Digital Camões (Portugal)
  3. Biblioteca Nacional Digital (Brasil)
  4. Biblioteca Digital da Biblioteca Nacional de Portugal 
  5. Free-eBooks.net Português

 

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.