Amosando publicacións coa etiqueta aves. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aves. Amosar todas as publicacións

03/02/26

Comezan a chegar...

Tradicionalmente, este era o día a partir do cal se podían ver na nosa Península as primeiras cegoñas recén chegadas da África subsahariana; o refraneiro así o recolle: "Por san Bras, a cegoña verás". Nos nosos días, e por culpa do cambio climático, as cousas van mudando, e algunhas destas aves xa non migran senón que permanecen entre nós todo o ano.
Se tes interese nos mitos e lendas á volta de san Brais e os días próximos á súa celebración, podes entrar neste enlace de Galicia encantada.

10/04/24

Pardaos

 Sabías que a poboación de pardal (passer domesticus), tamén chamado gorrión común ou pardao, baixou en España nada menos que un 20% desde que se comezou a rexistrar datos, en 1998?

14/03/24

Garzas en voo

 Os ardeidos (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas). Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.

Son aves patilongas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixescrustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.

Xeralmente son aves solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños rudos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.

02/02/24

09/01/24

De córvidos e refráns




O corvo que nace na pena, sempre volve a ela. 

Números e corvos enténdeos quen os pon. 

Non é máis negro o corvo que as ás.
 
Como se alegra o corvo do que fai o lobo.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.