A seguir, o relato de Lagoa Araujo, de 4ºESO B, que obtivo o 1º premio do 2º Nivel (alumnado de 3º e 4º de ESO) no Concurso de Relatos.
Non vexo nada, a negrura do alpendre abarcábao todo, o silencio que había deixaba paso a escoitar o latexo acelerado do meu corazón.
Entrara aquí escapando del, o xenro de Alena xa mo advertira, pero eu non lle quixera facer caso. Saír pola noite non me parecera tan mala idea, necesitaba a frescura da noite para que me deixasen de chegar as imaxes daquel acontecemento.
Aínda que segue moi escuro, a miña vista xa se acostumou algo e agora podo ver a silueta das ferramentas do meu avó. Achégome á parede para coller a machada, teño un mal augurio, sentía como alguén me axexaba dende algún lugar da estancia, e iso só facía que a miña respiración empeorase.
A piques de coller a machada sentín o cruxir da madeira pero non parei, pensando eu. Pero nada máis lonxe da realidade, escóitase o son dun axóuxere como se estivese na distancia, mais sei que non é así. O meu pulso parece que vai estoupar, e unha dor moi intensa instálase na miña cabeza.
Empezo a notar formigueo nas pernas, pero non é interno. O pánico empézame a corroer ao notar a multitude de insectos por todo o corpo, nótoas nas mans, na cara, e empezo a chorar cando sinto como se me meten polas orellas e como intentan atravesar a miña pel, mordéndoa para meterse dentro.
Esa dor provócame dar un berro desgarrador que sei que será o comezo dos últimos que darei antes que os bichos de Aster me coman viva.