Este é o título da canción coa que artistas de todo o mundo promoven os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. Sete de cada dez mulleres no mundo sofren a violación dos seus dereitos como persoas. Como ben di a letra de One woman, se todos e todas nos unimos poderemos superar a violencia e a discriminación. Únete !!!
Agradecemos o enlace aos compañeiros do IES Lucus Augusti.
Hai uns 60 anos que se aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Este acontecemento supoñía por primeira vez o recoñecemento consensuado dos dereitos básicos e das liberdades fundamentais inherentes a todo individuo, polo feito de ter nacido. Cada 10 de decembro é unha invitación á reflexión sobre a situación no mundo e no entorno que vivimos. Vaian como ilustración as seguintes imaxes.
A voz dos cidadáns ten poder e cando esas voces se unen para exixir xustiza, os gobernos escoitan.Centos de miles de voces deron detido a pena de morte en moitos países, poñer as armas baixo control ou denunciar a censura e a falta de liberdade de expresión en moitos lugares.Queremos dicirlles aos cidadáns e cidadás que, se traballamos xuntos, os cambios son posibles e un mundo máis xusto e máis libre estará máis perto.
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible. Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles. Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.