| Peliqueiros de Laza (Ourense) hai un século |
13/02/26
12/02/26
Sete personaxes do Entroido tradicional galego
Das festas que celebramos ao longo do ano, e celebramos unhas poucas, o Entroido é a máis desenfadada e desenfreada de todas. Nas versións máis ancestrais das súas orixes, formaría parte dos ritos vinculados ao inverno, concretamente á fin do frío máis rigoroso e á chegada da época propia para sementar e, segundo isto, a finalidade das máscaras sería a de espantar os malos espíritos das colleitas.
E é que o máis típico do Entroido, deixando á parte as comidas, é andar de carauta posta, chocallando e trangallando, é dicir, correndo o Entroido, procurando que non che caian uns lategazos ou unha presa de formigas. No Entroido permítese todo, menos pasar del.
Con tanta mascarada non resulta doado sabermos quen é quen. Daquela, neste setestrelo, os de Portal das Palabras danlles un repaso a algúns dos personaxes máis recoñecidos do noso Entroido: pantallas, charrúa, meco...
Só tes que facer clic, aquí
10/02/26
Entroido: pasatempos, sopas de letras, refráns...
O Entroido xa está nas rúas! E ás veces na aula só fai falta poñer palabras ao que o alumnado xa ve e vive. Pidopapas.com ofrece unha serie de actividades descargables para docentes e alumnado sobre o Entroido galego (cigarróns, peliqueiros, boteiros, osos…) para traballalo con calma e sen complicacións.
Fai clic na imaxe, entra e descarga a actividade!
28/02/25
27/02/25
09/02/24
08/02/24
17/02/23
O entroido xa está aquí!
Xa estamos no Entroido, unha época que na Galiza ten unha tradición tan longa como vivaz. A palabra Entroido ten a súa orixe no latín introitus, cuxo significado é entrada, nomeadamente, alén do aspecto relixioso -a Coresma-, a respecto da primavera.
O Entroido tradicional foi concibido como a celebración do mundo ao revés, o escenario de todo o que está mal visto facer o resto do ano. Antigamente, o sentido do Entroido entendíase fronte á Coresma, que no cristianismo é o tempo da penitencia, da pureza e de pedir perdón polos pecados.
A forma estándar é Entroido, mais de acordo co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na Galiza tamén se documentan outras variantes para nos referir á mesma celebración: antroido, entroiro, antroiro, entruido, entrudio.
A forma carnaval, segundo o ILG, recolleuse como segunda resposta en Sada, Rianxo, Navia de Suarna, Ribas de Sil, Agolada, Vigo e Baiona; e como primeira resposta en Toques e Porto do Son.
Todas as opcións recollidas polo ILG teñen a súa orixe na palabra medieval 'entroido', que aparece documentada no galego desde 1251. Só hai unha excepción: carnaval, de procedencia italiana, carnevale ("levar a carne"), que pasou logo a outros idiomas europeos como o francés, o castelán ou mesmo o portugués (desde mediados do século XVI).
Collido de Nós Diario
28/02/22
16/02/21
15/02/21
13/02/21
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.










