31/01/24

Sabías que tal día coma hoxe de 1820 nacía en Ferrol Concepción Arenal? Foi a primeira muller en asistir a unha universidade española, aínda que só se lle permitiu acudir de oínte. Ademais, destacou como xornalista, poeta, autora dramática e activista polos dereitos da muller e dos presos desde o seu posto de Visitadora de Prisións.

Aquí tamén

24/01/24

Hoxe é o Día Internacional da Educación


 Típica aula de EXB, a etapa equivalente de Primaria e os primeiros cursos da ESO no antigo plan de estudos

"Porque se o odio empeza coas palabras, a paz empeza coa educación. O que aprendemos cambia o noso modo de ver o mundo e inflúe no noso xeito de tratarmos aos demais. Polo tanto, debemos situar a educación no centro dos nosos esforzos por acadar e manter a paz mundial."
                                                     (Mensaxe da UNESCO con motivo da celebración)

Bases

23/01/24

Toma nota

40 años del fallecimiento de María Moliner, “la mujer que amaba las palabras”

 «Qué sería nuestra España si en todas las ciudades, los pueblos, las aldeas más humildes, hombres y mujeres dedicasen los ratos no ocupados por sus tareas vitales a leer…a asomarse al mundo material y al mundo inmenso del espíritu por esas ventanas maravillosas que son los libros».

María Moliner


17/01/24

Ano Luísa Villalta

Este ano 2024 será o Ano Luísa Villalta, igual que o 23 foi o ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O 17 de maio a Real Academia Galega honrará a nosa poeta. En certa medida, honrará tamén a xeración de autores e autoras que comezan a expresarse na década dos anos 90 do pasado século e nos primeiros anos do século actual. Unha xeración nova, ilusionada, entusiasta, aberta ao mundo. Unha xeración sen complexos que xorde coa ambición de construír unha nova realidade, un novo tempo. Luísa representa ese impulso creativo, unha curiosidade intelectual e artística que a leva a ensaiar diversas formas de expresión, diferentes xéneros, nos que salienta moi especialmente (aínda que non exclusivamente) a poesía. Neste caso, encarna moi ben a xeración poética da transición entre séculos na que, por certo, tiveron especial protagonismo as mulleres.

 

Artigo completo de Víctor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, sobre Luísa Villalta, aquí

10/01/24

Ano novo, meses novos


 Comezamos novo ano, novos meses, e pode ser que algunha vez te preguntases por que se chaman dese xeito. Pois se queres sabelo, podes empezar entrando neste enlace do Portal das Palabras.

09/01/24

De córvidos e refráns




O corvo que nace na pena, sempre volve a ela. 

Números e corvos enténdeos quen os pon. 

Non é máis negro o corvo que as ás.
 
Como se alegra o corvo do que fai o lobo.

Pois foi esta a Palabra do Ano!

O lema ciberdelincuente figura dende hai un tempo no Dicionario da Real Academia Galega para designar a persoa que comete un acto delituoso por medio das tecnoloxías da información e da comunicación, pero a inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos creou nos últimos meses un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar en eficacia: cibercarracho, -a!
E esta é a voz que elixistes Palabra do Ano 2023, nun momento en que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo o mundo están a ser obxecto de graves agresións deste tipo de delicuentes, que tamén afectan cada vez máis particulares.
 

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.