31/10/23
30/10/23
A Carta de Fontán
Esta é a Carta Xeométrica de Galicia, na que Domingo Fontán investiu dezasete anos da súa vida, entre 1817 e 1834. Esta obra foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas, é dicir, medición de bases, triangulación, altimetría barométrica e outros.
Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, chegados sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo diversos puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para o que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago de Compostela e adquiridos en París e Londres.
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En 1817 iniciou os traballos da carta, realizada a unha escala 1:100 000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para redactala. Nese momento quedou exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia. Na Carta aparecen localizadas as 4.000 parroquias galegas, que até daquela non foran catalogadas. Ademais recóllense todos os accidentes xeográficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite.
[Fonte: Galipedia]
26/10/23
25/10/23
Lorca en Galiza
24/10/23
Día das Bibliotecas
Desde 1997 celébrase o Día das Bibliotecas cada 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A imaxe que acompaña esta entrada é da Biblioteca Joanina da Universidade de Coimbra,en Portugal. Foi mandada construír polo rei D. D. João V (retratado ao fondo) no século XVIII e contén máis de 70.000 volumes.
Como anécdota: o cheiro da madeira de carballo dos seus andeis e os morcegos que se crían entre eles manteñen a raia os insectos xilófagos que poderían poñela en perigo.
23/10/23
20/10/23
19/10/23
18/10/23
17/10/23
OPS!
Este é o primeiro curso en que o IES Río Miño oferta o portugués como Segunda Lingua Estranxeira, e o alumnado participante obtivo contidos e recursos na rede e puido descubrir como ese idioma abre abre un mundo de oportunidades na economía, a cultura, o turismo e as relacións entre persoas, e como a ese mundo se pode acceder aínda máis facilmente grazas ao galego.
16/10/23
E ti... cantas escritoras saberías citar? E de cantas liches algo?
11/10/23
10/10/23
Premios de normalización lingüística
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca os quintos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.
Estes premios naceron en 2019 co fin de recoñecer e difundir o bo traballo que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, favorecer que sexa un labor máis apreciado e comprendido socialmente e compilar accións, proxectos e campañas que poidan servir de modelo ou ser inspiradoras para novas accións. Nas catro edicións anteriores foron premiados vinte e catro proxectos de normalización da lingua.
Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio e que foran desenvolvidos total ou parcialmente en 2020, 2021, 2022 ou 2023.
Non se admiten proxectos sen executar nin se premiarán traxectorias de institucións, senón campañas desenvolvidas nalgún/s dos anos indicados. Tampouco se poden presentar aos V Premios Mil Primaveras (2023) proxectos recoñecidos nas edicións anteriores.
Nesta quinta edición recoñecerase un máximo de catro accións, campañas, programas ou proxectos, sen establecer ningunha xerarquía entre os premios que se outorguen.
Presentación de candidaturas e prazo
A inscrición nos Premios Mil Primaveras é voluntaria e deberán realizala as persoas ou entidades responsables dos proxectos, accións, campañas ou programas de normalización da lingua, pois só elas poden describir de forma detallada os aspectos técnicos da súa planificación, xestión, execución e avaliación.
A inscrición de proxectos farase a través do formulario da pestana Inscricións, que inclúe unha serie de datos obrigatorios: os básicos de identificación do proxecto e da persoa ou entidade responsable, un resumo, unha fotografía de portada e un documento en .pdf para describir en detalle o proxecto. Este documento debe incluír polo menos as seguintes epígrafes:
- Obxectivos xerais e específicos
- Persoas destinatarias
- Temporalización
- Necesidades e recursos
- Accións, medidas e actuacións concretas
- Avaliación
Opcionalmente poden engadirse materiais que sirvan para completar e exemplificar a descrición técnica: máis fotos, ligazóns a vídeos e a arquivos de son e outro tipo de enlaces.
Non hai límite no número de candidaturas que pode presentar cada entidade ou persoa, sempre que cumpran as bases.
O prazo de inscrición está aberto do 2 de outubro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024.
Máis información, bases e formulario de inscrición no web milprimaveras.gal
06/10/23
04/10/23
Veñen concertos
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.