Nós despedímonos este curso desexándovos unhas vacacións moi felices e, como sempre, cheas de soños e libros.
Atoparémonos de novo, aquí, en Setembro. Bo verán!
Nós despedímonos este curso desexándovos unhas vacacións moi felices e, como sempre, cheas de soños e libros.
Atoparémonos de novo, aquí, en Setembro. Bo verán!
A lista de Orgullo Galego está incompleta, é natural, polo que o noso obxectivo é incrementala pouco a pouco até que sexa a maior recompilación de grupos en galego, e referente para toda persoa que queira descubrir novos sons.
Se tes suxestións de novos grupos, corrixir algún dos que xa están ou calquera cuestión coa que poidamos mellorar e ampliar esta escolma, escríbenos! A única condición é que canten todo ou maioritariamente en galego.
Ademais, se queres gozar de toda a música no Spotify, pásate polas listas de Orgullo Galego, con centos de cancións e decenas de horas de música ininterrompida!!!
Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga (Guitiriz) como profesor de inglés. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. “Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura“, di.