22/05/24

Concurso de relatos: alumnado premiado

 Os alumnos e alumnas que resultaron premiados no CONCURSO DE RELATOS CURTOS que como cada ano convoca o EDNL en colaboración co Departamento de Lingua Galega do IES Río Miño de Rábade co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS son os seguintes:

Nivel 1 (1º e 2º ESO):

  • Primeiro premio (diploma e vale de 20,00 € para material escolar): Iván Jesús Río Pernas (1º ESO C) co relato Entre a multitude.
  • Segundo premio (diploma e vale de 15,00 €): Olivia Sotillo Izquierdo (1º ESO B) por Bicos con sabor a sol.

Nivel 2 (3º e 4º ESO) :

  • Primeiro premio (diploma e vale de 20,00 €): Lagoa Araujo González (4º ESO B) por Non vexo nada.
  • Segundo premio (diploma e vale de 15,00 €): Celia Coira Alcolado (4º ESO B) por As dúbidas.

Parabéns a todos e todas. Proximamente iremos publicando aquí os relatos premiados.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.