25/11/25
Microrrelatos (Gañadores Bacharelato)
Microrrelatos (Gañadores 3º e 4º ESO)
Primeiro premio
Cando pechou a porta, a casa quedou en silencio, pero non era silencio de descanso, senón o que pasa antes dun trebón. Ela colleu o abrigo con mans frías. Non levaba nada máis que a decisión que tardara anos en tomar, hoxe non volvo atrás.
Ao cruzar o portal, o vento frío golpeoulle a cara como unha bofetada, a primeira que non doía, porque anunciaba liberdade.
("Bofetada". Daniel Vidal Martínez, 4º A)
Segundo premio
Na aldea sempre dicían que falaba baixo.
Ela sempre dicía que era por educación.
Ata que unha noite o vento levou un berro
e toda a ladea escoitou o que ela calara tantos.
Ao día seguinte, as campás tocaron por fin a liberdade dunha voz.
(Aarón Veiga López, 3º B)
Microrrelatos (Gañadores 1º e 2º ESO)
Primeiro premio
Esperta nun hospital tras un coma de 5 meses. A rapaza dille á enfermeira: foi o meu mozo. Tras esas palabras o monitor soa PIIIII...
("Silencio". Miguel Ángel Cortiñas Montoya, 2º A)
Segundo premio
Sentada na escaleira tápase a cara coas mans. Sentíase avergoñada. Vira o seu rostro no espello. A súa xuventude marchara e os anos pasados deixaron sucos imborrables. Vira o seu cabelo, xa non quedaba rastro daquel cabelo escuro. Agora era branco e estaba enredado. Non coñecía a esa muller. Onde quedou? Sabía a resposta, pero non quería aceptala... Aquel primeiro golpe, debía ser boa esposa, porque calou. E logo viñeron moitos máis. “Ven, Camila, nunca é tarde”. Aquela policía colleulle a man e fíxoa sentir unha muller por primeira vez.
("Unha mirada no espello". Aloia Cervantes Fernández, 1º A)
24/11/23
21/11/23
23/11/18
25/11/14
25 de novembro
Con motivo desta conmemoración queremos enlazar aquí un vídeo feito por rapaces que sirva de reflexión. Desexamos que, á maior brevidade posible,esta data deixe de estar sinalada no calendario.
24/11/14
A orde das cousas
24/11/12
25 de novembro
24/11/11
25 de Novembro
Paul Valéry dixo: "A violencia é sempre un acto de debilidade e xeralmente practícana os que se senten perdidos". Nesta data enlazamos un traballo do alumnado de 2º de Bacharelato do Instituto de Elviña, que nos chega a través da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.





