24/05/24

Bicos con sabor a sol, de Olivia Sotillo

 Publicamos a seguir o relato que obtivo o 2º Premio do 1º nivel (cursos 1º e 2º de ESO) do Concurso de Relatos: Olivia Sotillo Izquierdo, de 1º ESO B.


O primeiro día que a vin caín rendido aos seus pés. Multitude de xente falárame da belísima moza do poboado do lado das montañas, pero non tiña nada que ver coa realidade. Tiña o cabelo louro coma o sol no crepúsculo e uns ollos azuis coma as augas do mar nunha tormenta. Eu axexábaa de lonxe e admirábaa coma un meniño cun axóuxere novo.

Despois de anos queréndoa, declareime no alpendre da súa casa nun día de choiva. Cando a biquei, o arco da vella saíu no ceo. Os seus beizos sabía a luz e a cores, miles de cores.

A día de hoxe, os seus pais poden chamarme xenro. Tamén descubrín a mellor cousa do mundo: os seus bicos saben a sol.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.