Coa publicación do relato de Raquel Fernández Fernández, alumna de 3ºESO-B, premiado co 2º Premio do nivel 2 (3º e 4º de ESO) no Concurso de Relato Curto das Letras Galegas 2022, titulado Ola, miña xoia! rematamos a publicación dos catro relatos seleccionados este ano.
Parabéns ás autoras, e a todos e todas, moi felices Letras Galegas
Ola, miña xoia!
Que tal está a miña neta preferida?
Se estás lendo esta carta, eu xa non estou ao teu lado. Espero que non esteas chea de tristeza, es unha nena moi viva e alegre e ese sentimento non che pode inundar o teu corpo.
Gustaríame contarche a verdadeira causa da miña morte, xa que a que ti escoitaches non é a verdadeira. No tiven un infarto, pódoche garantir que o meu corazón funcionou ben ata a fin dos meus días.
É unha historia abraiante, pero non debes contarlla a ninguén, é un segredo entre ti e mais eu, miña rula.
Escoitaches algunha vez o conflito do Courel que verdadeiramente foi unha persecución policíaca, non un conflito como o chama toda a xente que está mal informada.
Ben sabes que eu era inspectora, e que ademais era das mellores. A min encargábanme moitos casos, e resolvíaos todos. Fun a primeira muller en conseguir unha medalla ao valor, creo que se chama así, a túa avoa vai vella!
Un día de tormenta, unha moi perigosa, con raios e tronos cada minuto, eu seguía en comisaría porque estaba de garda. Non estaba moi contenta, pero cando o teléfono empezou a soar púxenme alerta. Respondín, e o único que escoitaba era o son da chuvia caendo contra o chan. Ós poucos segundos escoitei un rapaz que pedía axuda; cando lle preguntei onde se encontraba, colgou.
Intentei situar a chamada. Ao rastreala puiden situala nun bosque do Courel. Chamei ao meu superior e puxo á miña disposición tres patrullas.,
Ao chegar á finca non atopamos a ninguén, eu decidín buscar, pero sen resultados. Botamos a correr cara ao son, intentantdo ubicarnos. Encontramos un rapaz feble, medio morto, e chamamos á ambulancia. O meu superior, que xa estaba alí, correu detrás do atacante, que intentou escapar. Aparecín ao seu lado e deime conta de que pertencía a unha banda perigosa. Detivémolo e metémolo no cárcere.
O nome da banda non cho vou dicir pola túa seguridade.
Eles fixeron que eu morrese, así que, como ben sei que ti queres ser policía tamén, espero que vingues a miña morte.
Cóidate moito, miña ruliña!
Un bico.
![]() |
Raquel Fernández, co diploma |
Ningún comentario:
Publicar un comentario