Deixamos por aquí unhas fotos da exposición que organizou a biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do instituto.
22/05/26
Exposición Letras Galegas 2026
13/05/26
Begoñísima
Acaba de saír ao público un Libro-CD en lembranza de Begoña Caamaño, neste ano no que o Día das Letras Galegas se celebra na súa honra. O seu título é "Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño".
Aquí tedes unha mostra da música que podedes atopar no mesmo:
(Na barra lateral podedes atopar a lista de reprodución completa)
25/03/26
Concurso de Podcast
BASES DO CONCURSO DE PODCAST: "BEGOÑA CAAMAÑO, UNHA VOZ PROPRIA"
1. OBXECTIVO
O obxectivo deste certame é dar a coñecer a figura de Begoña Caamaño (xornalista, activista e escritora), promovendo o uso do galego e o desenvolvemento da competencia dixital e lingüística do alumnado, coincidindo coa celebración das Letras Galegas 2026.
2. PARTICIPANTES
3. FORMATO E TEMÁTICA
Os podcasts deben ser orixinais, inéditos e realizados integramente en lingua galega. A temática xirará arredor das seguintes facetas da autora:
1º e 2º ESO
• Biografía e obra de Begoña Caamaño.
• Reportaxe sobre o seu compromiso social.
5. ENVÍO E PRAZO
Os traballos enviaranse ao correo do EDLG do centro: edlg@iesriomino.gal. O arquivo deberá ir acompañado do título e os nomes dos integrantes. Data límite de entrega: 5 de maio.
6. XURADO E CRITERIOS
O xurado estará composto por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e do departamento de Lingua. Valorarase:
7. PREMIOS
Establécese un primeiro e segundo premio por categoría consistente en:
8. RESOLUCIÓN DO CONCURSO
A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos podcast.
A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
En Rábade, a 23 de marzo de 2026
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.



.png)