Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións

04/12/12

Caballero Bonald, Premio Cervantes 2012

José Manuel Caballero Bonald, (Jerez de la Frontera, 1926), poeta, novelista e ensaísta foi galardoado co Premio Cervantes 2012. Este mérito é o máis grande en lingua castelá e concédeo o Ministerio de Cultura a proposta das 22 Academias da Lingua de fala hispana, cunha dotación de 125.000 €.
Caballero Bonald  pertence á “xeración do cincuenta", da que forman parte autores como Antonio Gamoneda, Juan García Hortelano, Ángel González, Jaime Gil de Biedma, José Ángel Valente e Claudio Rodríguez. Da súa extensa obra,  destaca a poesía, que el define como unha "mezcla de música e matemáticas", cuxo último traballo  vén de publicar: unha autobiografía nun só poema de 3.000 versos titulada Entreguerras.
A fundación que leva o seu nome ten como finalidade a conservación e difusión da súa obra e a promoción da cultura en xeral e da literatura en particular.
Se queres ler a súa poesía, entra aquí. 
Esta é unha mostra dela:

Espera


Y tú me dices

que tienes los pechos vencidos de esperarme,

que te duelen los ojos de tenerlos vacíos de mi cuerpo,
que has perdido hasta el tacto de tus manos
de palpar esta ausencia por el aire,
que olvidas el tamaño caliente de mi boca.

Y tú me lo dices que sabes
que me hice sangre en las palabras de repetir tu nombre,
de golpear mis labios con la sed de tenerte,
de darle a mi memoria, registrándola a ciegas,
una nueva manera de rescatarte en besos
desde la ausencia en la que tú me gritas
que me estás esperando.

Y tú me lo dices que estás tan hecha
a este deshabitado ocio de mi carne
que apenas sí tu sombra se delata,
que apenas sí eres cierta
en esta oscuridad que la distancia pone
entre tu cuerpo y el mío.

12/10/12

Cantigas de amigo

A agrupación coral Cantar delas, dirixida por Fernando G. Jácome,  transpórtanos ao século XIII cunha actuación no Museo Provincial, na que poderemos escoitar unha selección  de Cantigas de Santa María e de Cantigas de amigo. 
Cantar delas, dende o 2007, é unha das moitas agrupacións corais que poñen son ás xornadas culturais lucenses. Está composta soamente por mulleres e actuará acompañada polo grupo Tundal, integrado nesta ocasión por Antón Castro (zanfona, mandolina),  Manuel Darriba (acordeón), Pedro Lucas (frauta),  Miguel Díaz (clarinete, frautas), Xoán Fuertes (violín, oud, bouzouki) e Xosé Luís Ansemil (percusión).
Tundal é unha agrupación de música tradicional de nº de compoñentes non fixo, que interpreta, tanto vocal como instrumentalmente, cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas.
É un bo motivo para ir o domingo, día 13, ao Museo. Velaí o programa.

21/07/12

Enrédate na rede

O Museo Provincial de Lugo organiza este verán unha serie de actividades artísticas e culturais que teñen como finalidade dar unha visión global do museo e do proceso artístico en todas as súas fases, desde a produción dunha obra ata a súa difusión e mostra.
 Visitas guiadas á rede museística provincial, obradoiros, exposicións, concertos, cine, moda, fotografía... Ingredientes suficientemente atractivos para que poidas deixarte seducir. Entra no enlace e ... Enrédate!!! 

05/10/09

Culturgal

Recibimos isto por correo electrónico. Lédeo, a ver que vos parece:

Como sabedes, o ano pasado levouse a cabo na Coruña o Culturgal (a Feira das Industrias Culturais de Galiza), organizada pola Consellería de Cultura.
Este ano, a Xunta decidiu que non se vai celebrar argumentando motivos orzamentarios. Hai un grupo de xente relacionada coa Cultura que quere que este ano SI haxa Culturgal, a pesar da falta de apoio dos actuais responsables da Consellería, e para iso crearon un blogue onde intentarán organizalo coa participación da cidadanía e da xente da Cultura.
O seu enderezo é
http://queremoscultura.blogaliza.org/consulta.
Apúntate, pode ser de voluntario para facer algún traballo, ou só para manifestar a túa adhesión. A idea é sacar un listado amplo de xente que apoia a Feira.
Faino circular todo o que poidas.

18/05/09

Traxe tradicional galego



As letras, a música, a danza, son diferentes expresións dunha cultura.
Con todo iso ten que ver o enlace que nos achegan os compañeiros do CEIP de Frián-Teis, de Vigo, no que se detallan aspectos moi interesantes do traxe tradicional galego.
Non o perdades!




Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.