Un ano máis, a Academia Sueca intenta deixar en mal lugar a nosa biblioteca premiando a alguén que non figura con ningunha das súas obras no noso catálogo. Isto tampouco é unha cousa tan extraordinaria vista a lista de exóticas nacionalidades nas que recaeu o Nobel de Literatura dos últimos anos, aínda que este ano parecen estar algo fóra de forma, xa que non atoparon a ningún folclorista de Turkmenistán que escriba nunha lingua minoritaria do país ou algunha novelista realista especializada en contar a dureza da vida nas montañas de Lesotho.
![]() |
| (foto da web da Fundación Princesa de Asturias) |
Deixamos aquí esta ligazón á páxina web da Fundación Princesa de Asturias, na que se detalla a traxectoria da autora e podedes atopar extras como o seu discurso na recollida do premio.
E sen máis, citámonos para o vindeiro ano, no que supoñemos que seguiremos apoiando moralmente a Haruki Murakami ante a cegueira da Academia Sueca. Ademais, de Murakami si que temos un libro precioso na nosa biblioteca, a modo de recomendación, "Tras do solpor", porque o de Anne Carson igual se vos fai un pouco duro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario