Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
20/05/25
08/01/20
10/04/19
Aínda estás a tempo!!
Coma outros anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2019", que se rexerá polas seguintes
BASES:
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do Centro.
- Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
- Extensión máxima: tres folios.
- Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
- Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
- Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
- Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
- Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO de 15'00 euros en material escolar.
- Data límite de entrega: 9 de maio de 2019.
- O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.
25/04/18
María Victoria 2018
Vídeo adicado con motivo do Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno dos alumnos e alumnas de 4º curso de ESO de Rábade, dirixidos pola profesora Isabel Pardo.
06/03/18
Concurso
Como en anos anteriores, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2018", que se rexerá polas seguintes
BASES:
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do Centro.
- Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
- Extensión máxima: tres folios.
- Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
- Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
- Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
- Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
- Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO de 15'00 euros en material escolar.
- Data límite de entrega: 9 de maio de 2018.
- O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.
09/06/15
Un único soño
E a seguir publicamos o relato que obtivo o segundo premio no concurso das Letras Galegas do Instituto. A súa autora é Anabel Cruz
Ribeiro, alumna de 1ªESO-B.
Parabéns.
Ás veces as persoas temos
moitos soños e vivimos desexando que se cumpran algún día, pero
unha rapaza duns dez anos dunha vila do norte de Galicia chamada
Xulia, ten un único soño: poder vivir nun mundo no que non haxa
guerras, desigualdades, pobreza… E ela quere loitar por el cando
sexa maior. A Xulia non lle gusta ver o telexornal porque se pon moi
triste ao ver tanta xente pelexándose, roubando, matando…
-Papá, por que a xente e
tan mala? -pregúntalle Xulia sempre ao seu pai.
-Esa é unha boa pregunta,
pero eu non sei como contestarcha -dille case sempre seu pai.
Moitas noites Xulia vai
chorando para a cama pensando en toda a xente que non ten onde durmir
nin nada que comer. Un día normal de escola, Xulia vístese para ir
a escola algo triste polo que escoitou onte na radio, ían desaloxar
unha familia de Lugo por non poder pagar o aluguer do piso.
-Bos días -saudou Xulia á súa mellor amiga, Gloria.
-Bos días Xulia, nótote
un pouco triste, é polo que dixeron onte na radio?
-Si, xa sabes que me da
moita pena iso.
-Pois téñoche unha boa
noticia, a miña tía formou una ONG, chámase “Unidos por un mundo
mellor”. Se queres, podes formar parte dela, só tes que ir ao
lugar no que está e pedirlles que che fagan socia.
Xulia botou toda a mañá
moi contenta pensando no que lle dixera Gloria. Pola tarde cando
acabou de estudar foi a ONG e pediulles que a fixeran socia pero
dixeron que non podían porque era menor de idade. Xulia moi
desilusionada volveu para a súa casa cos ollos cheos de lágrimas.
Cando ía abrir a porta atopouse con seu pai, seu pai notoulle que
lle pasaba algo e díxolle que fora para ao seu cuarto que ían falar
do que lle pasaba.
-Que che pasa tesouro?
Sabes que me tes aquí para o que sexa; anda, dime que che pasa.
-É que Gloria me dixo que
a súa tía formara unha ONG e que eu podía formar parte dela. Pero
cando fun alí para formar parte dela dixéronme que non podía ata
que fora maior de idade -dicía Xulia chorando.
-Tranquila, non te
preocupes. Se te fai máis feliz podo facerme socio eu e doar uns
poucos cartos todos os meses para a xente que máis o necesita, dixo o
pai cun pequeno e tímido sorriso para que a súa filla se alegrase
un pouco.
-Farías iso por
min? Moitas grazas papá, es o mellor pai de todo o mundo, quérote
moito -dicía Xulia xa máis tranquila e contenta.
-Eu tamén te quero, corazón.
Xulia, xa máis tranquila
baixou a xogar ao xardín o pouco que quedaba de tarde. Cando chegou
a hora de cear entrou na casa cun sorriso amplo e foi lavar as mans
antes de sentarse á mesa; cando chegou á cociña estaban dando o
telexornal e ao velo borróuselle o sorriso que tiña na cara, o seu
pai notoullo e cambiou rapidamente de canal pero a noticia xa estaba
gravada na súa mente: dezaoito persoas mortas nun atentado.
-Xulia, contra iso non se
pode facer nada.
Pero Xulia non o escoitou
e foise para a cama sen comer, chorando. Gustaríalle que as persoas se
concienciaran do dano que fan cando fan esas cousas e que a xente que
pode intentar paralos faga algo.
Pasaban os días e Xulia
seguía triste porque no telexornal non saían máis que roubos,
atentados… Como o pai de Xulia vía que ela seguía triste, decidiu
formar parte dunha asociación para enviarlle alimentos á xente dos
países pobres; facendo isto conseguiu animala un pouco.
-Moitas grazas, papá, es o
mellor do mundo.
-E ti a mellor
filla -dicía o pai despois dun forte abrazo.
Pasaban os días, os
meses… e estas cousas non paraban e Xulia concienciouse de que ela
non podía facer nada contra iso a parte de que era moi pequena.
Fíxose unha promesa a si mesma: cando fose maior ía estudar medicina
e ía ir a traballar aos países países máis necesitados.
Co tempo Xulia medrou e, agora, xa era unha muller. Estudou medicina como prometera hai tempo
e agora estaba traballando nos países pobres e tamén formaba parte
dunha ONG que repartía alimentos e roupa. No seu tempo libre tamén
escribe historias, esta escribiuna ela e dedícalla ao seu pai que
recentemente faleceu.
Papá, esta historia só é
unha pequena parte da nosa historia. Moitas grazas por axudarme
sempre e á xente necesitada cando eu cho pedía. Un bico moi grande: nunca te olvidarei, sempre estarás ocupando un oco moi importante no
meu corazón.
Asinado: Xulia
08/06/15
Ir en barca á escola
O primeiro premio do concurso de relatos das Letras Galegas organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Rábade foi para o relato Ir en barca á escola, de Alicia Couso Montes, de 1ºESO-A.
Hai uns anos, cando eu era pequena, coñecín a unha nena de Negueira de Muñiz, chamada Ana, de mediana estatura, de pelo longo e rizo. Sempre estaba sorrindo e con ganas de contar historias ou contos. Para ir á escola tiña que coller unha barca e pagarlle a un barqueiro para que a levara. Tiña que pasar polo río Navia. A min gustaríame moito ir en barca á escola.
Parece unha viaxe moi bonita con todas esas paisaxes. Ten que ser moi interesante, pensaba eu.
Ana contaba historias de como ía á escola. A min fascinábame todo o que contaba. Estaba calada todo o tempo, escoitándoa.
Un día, como outros moitos máis, contoume unha historia da súa viaxe ao colexio. Gustárame moito. O que me contou foi:
“ O outro día cando viña para a escola, despois de pagarlle ao barqueiro e este empezar a remar, vin unha cegoña, gústanme moito. Xa vira o outro día unha cerca da igrexa.
O que sabía ben é que como agora xa se aproxima o bon tempo e logo se acabará a escola, pronto ía estar cheo de paxaros que veñen para aquí no verán.
Como ía dicindo, a cegoña gustoume moito e ata lle puxen un nome: Zancuda.
Achegouse á nosa barca e pousouse. Eu, que tiña un pouco de pan na mochila para levar ao colexio, deille un anaco. Acompañounos toda a viaxe. Todos os días seguintes estábame esperando onde a vira por primeira vez, eu dáballe un anaco de pan e ela viña con nós toda a viaxe”.
Cando acabamos a escola pedinlle a miña mai que me deixase quedar un día a durmir na casa de Ana.
Cando chegou o día xa tiña todo preparado para ir á súa casa. Miña mai levoume. Cando cheguei alegrámonos moito de vernos.
Cando miña mai se foi fomos deixar todas as miñas cousas á súa habitación.
A súa casa era de pedra, tiña un balcón e un camiño de pedras para chegar á porta.
Despois ela díxome que me tiña unha sorpresa. Eu non sabía que podía ser. Estaba moi ansiosa.
Ela levoume por moitos camiños e fomos polo campo. Cada vez era máis entretido. De pronto vin o río e a barca, a que a levaba todos os días á escola. Ana sacou do peto uns cartos e deullos ao barqueiro. Díxolle que fora amodo, que nos levara ata a escola e que nos volvera a traer ao mesmo sitio. O barqueiro asentiu.
Cando o barqueiro levaba pouco tempo remando apareceu a cegoña. Nunca vira unha dende tan cerca. Entón Ana sacou do seu peto o pan que levaba gardado por se viamos a cegoña. Díxome se quería que lle dese un pouco de pan. Contestei que si. Acompañounos todo o camiño. Víase moita vexetación. Había carballos, castiñeiros e agunha que outra árbore caída. A herba estaba alta e había fentos. Encántame a paisaxe das beiras dos ríos.
Non quería que acabase nunca ese paseo en barca.
Ao chegar á casa ía cun sorriso de orella a orella. Pola noite quedeime pronto durmida porque estaba moi cansa.
Foi un día marabilloso.
27/05/14
SEGREDO DO PASADO
Este é o texto gañador do tradicional Certame Literario que, co gallo do Día das Letras Galegas, convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso IES. A autora, Patricia Seijas Díaz, é alumna de 4º curso de ESO.
Aló
polas claras noites de verán, nas que brilla a lúa chea coma un
queixo fresco, subía eu pola corredoira chamada As Monchas e ía
saír a uns pastos nos que descendía do outeiro, chamados Pradellos. Alí era onde todos os veciños tiñan un enorme prado para manter
as vacas. Eran moi apreciados porque tiñan fontes que baixaban da
montaña da Pena Chá, onde bebían o gando e os señores e señoras
que o gardaban.
Dábame
pracer camiñar soa á escuridade con soamente a luz da lúa . Non
temía a nada, nin sequera aos lobos. Mais víaos no alto das
penas, sempre en mandas de sete . Eu choraba de pena porque me
sentía soa, a pesar de ter amigos. O meu tormento era que ao
nacer un martes trece fose unha lobishome. O medo de selo tíñame
consumida, mesmamente eu xa o tiña asumido. A miña gran paixón
sempre fora cantar en galego, recitar poemas e escribir poesía;
exaltar Galicia érame unha función vital. Por outra banda, eu sempre pensaba que os lobos me temían porque eran sabedores de que
os lobishomes eran moito máis fortes ca eles .
Pois
recordo moi ben un día no que fun ata os Pradellos e pensei o que
despois escribín na libreta coa que sempre viaxaba polos montes.
Máis tarde, xa na casa, elaborei as seguintes palabras dun xeito
pobre e vulgar.
´´
Penso que son unha lobishome mais eu axúdolle a todas as persoas
que o necesitan, defendo Galicia e choro polo mal, este verán
estouno pasando moi deprimida pola traxedia de Angrois. Os soños de
tantas familias que ficaron rotos, nenos, mozos e anciáns que
voltaban á casa ou estaban de visita para celebrar o Apóstolo ´´.
Despois
de pensar isto quedeime pálida, chorei ata encher un rego, e
despois mirei ó ceo e a lúa seguía brillando. Fitaba para min e
eu para ela, coma se fósemos mudas. Sentín a campá da igrexa de
Santa Cruz de Parga dando a unha da madrugada. Nese momento da
escuridade, dunha carballeira saíu un moucho e asomouse a min,
nese momento si que sentín temor polos ditos desta ave.
Isto
penseino todo o outono, deille voltas na cama, mentres, lograba
conciliar o sono; pero nunca lle busquei sentido. Non voltei aló
nin sequera fun apañar cogomelos e castañas. Penso que nunca
esquecerei estas lembranzas igual que nunca esquecerei o día tan
fermoso que pasei co meu amor na Romaría da Barca.
Cando
chegou o inverno decidín comentarlle todo isto á miña mellor amiga, María Uxía. Ela pensou e chegou á conclusión de que me viña
ben ir de novo ata aqueles pastos e buscar unha explicación aos
meus sentimentos e resolver o misterio. Decidimos ir polas vacacións
de Nadal. Sentía medo por ter que ir de novamente ata ese lugar,
mais acompañada por Uxía a nada debería temer.
Ao seguinte día relatei brevemente a nosa nocturna viaxe.
´´
Subimos por As Monchas e despois tivemos que descender para chegar ao
val onde se atopaban aqueles pastos, polos que eu camiñaba no
verán . Ao primeiro miramos pero non atopamos nada estraño . Pero
despois de tanto observar atopamos no medio das pudias e das xestas
unha carta escrita a man cunha fermosa e comprensible letra. Lina e
cando a rematei de ler vin que estaba firmada polo meu noivo. El,
como me coñecía, sabía os meus pensamentos e mais os montes polos
que paseaba ´´.
Voltei
para a casa coa compaña da rapaza e cavilando ledamente canto me
quería esa persoa e canto penaba por min . A verdade era que eu
tamén a amaba desesperadamente. Era unha persoa comprensiva,
respectuosa e que simpatizaba con todos. Un rapaz dous anos maior ca
min, ese ano cursaba o terceiro curso de carreira na mesma
universidade ca min .
Dende
aquel día penso que comecei a aumentar a miña felicidade e
borróuseme a obsesión de que era unha lobishome. Á miña cara
asomaba un soriso dende que saía o sol ata o escuro anoitecer. Ao
chegar a primavera aínda estiven máis contenta vendo as flores dos
campos e escoitando piar os paxaros. Pero, aínda así, sufro polos
demais e polas desgrazas do mundo, pero xa non por min mesma;
porque vin que non todas as persoas nos momentos débiles teñen tan
bos apoios como tiven eu .
O
seguinte verán saín a pasear co meu amor polas claras noites de
luar polos montes máis fermosos da parroquia .
Xa
hai agora setenta anos que aconteceron os feitos que acabo de narrar
. Fíxeno, mentres viña á praia a Muxía no coche . Á poboación
de agora non lle estraña que viñese no asento do piloto escribindo .
Pero ás persoas que agora xa non están pareceralles algo imposible
. Por iso, a elas, voulles explicar que agora os coches que
anunciaban no 2014 para o futuro xa están aquí. Todas as persoas
os temos, ata eu que teño 99 anos poido viaxar soa no meu propio
coche . Agora sei que xa son moi maior e que logo vou morrer, por
iso lles deixo un recordo de min a todo mundo. Aínda así, vou
enviar unha copia á terra na que habitan os mortos .
27/06/13
Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro
Sábese xa desde hai uns poucos días: o escritor escollido pola Real Academia Galega para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano próximo será Xosé María Díaz Castro, poeta chairego, nacido en Parga (Guitiriz) pronto fará un século, e autor dunha única obra, Nimbos (1961), de gran beleza e fonda repercusión na lírica galega da segunda metade do XX.
04/06/13
Relato
E a continuación, o outro relato premiado no concurso convocado polo EDNL do noso Centro con motivo do Día das Letras Galegas, esta vez na modalidade de primeiro ciclo de ESO.
A autora é Susana Adkinson Costoya, de 1ºESO-A.
SE AOS NENOS NOS DEIXARAN SER CREATIVOS..........................
A autora é Susana Adkinson Costoya, de 1ºESO-A.
SE AOS NENOS NOS DEIXARAN SER CREATIVOS..........................
Un día, unha mestra
puxo como deberes ós seus alumnos unha redacción de como farían eles para
cambiar o mundo, e esta é a miña redacción:
Se
aos nenos nos deixasen ser creativos:
Non habería crise, porque os cartos tan só son papeis de cores,
con fabricar máis nunha fábrica de facer cartos, xa estaría. E en todo caso usaríamos os trocos, como se
facía antes, e funcionaba moi ben.
Non habería guerras,porque só é cuestión de poñerse de acordo uns cos outros e facer a paz.
Respetar ós demais como nos gustaría que nos respetasen a nós, aínda que pensen
distinto, recen distinto ou non recen. Todos queremos o mesmo: ser felices e
vivir en paz.
Non habería pobrez a, porque só é cuestión de repartir a riqueza do mundo
mellor: Convenceríamos aos ricos para que axudaran aos pobres. E aquilo que xa
non usamos, podemos entregalo a outros que lles faga falta. A comida que sobra
nos restaurantes, poderíase entregar a aqueles que tivesen fame. Aquelas
persoas que dormen na rúa, poderían habitar algunhas casas sen dono abandonadas,
a cambio de que as coidasen ben.
Non habería desigualdade, porque os nenos sabemos que unha nena e un neno son iguais, que un home e
unha muller tamén o son, e que un negro, un branco ou un chino só se diferencian na cor da súa pel.
Non habería tantas desgracias na naturez a,
porque os nenos sabemos que hai que cuidar o planeta, que non se poden talar as
árbores que son o pulmón da terra, que hai que reciclar, que hai que respetar
os seres vivos, os rios, os mares, os animais. É fácil!
Non faría falta petróleo, porque aprenderíamos a usar a
enerxía da natureza, facendo que fose suficiente para o que necesitamos.
Non habería enfrentamentos ridículos, porque sabemos que hai
que respetarse, que hai que ser educados, e bos uns cos outros.
Se
nos deixasen aos nenos todos verían que a maxia existe cando se cre nela, algo
que a maioría dos maiores esqueceron, e eu non sei por que.
Así
me ensinaron a min, así son eu, así de fácil vexo o mundo, o único que non
entendo é por que os maiores que o poden
cambiar non o fan. Pero sei que cando eu medre, seguirei sendo así, e que
farei todo o posible por cambiar o mundo, polo menos, o meu mundo.
Agora
só son unha nena de case 10 anos moi ilusionada e feliz.
Espero que vos gustase o meu conto.
17/05/13
15/05/13
Ano de Roberto Vidal Bolaño
Queremos render homenaxe ao dramaturgo, actor e director máis renovador do teatro e da cultura galega dos últimos anos do século XX e cuxa influencia chega á actualidade, insertando un excelente telexornal feito polos alumnos do CPI dos Dices Rois sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Agradecémoslles poder compartilo.
Outros recursos sobre Roberto Vidal Bolaño:
07/06/12
O labirinto do vento
Tal é o título do relato vencedor da categoría dos máis novos, escrito por María Ramil Díaz, de 2º de ESO, e que vos invitamos a ler agora:
- Avoa, avoa! Cóntasnos un conto?
- Avoa, avoa! Cóntasnos un conto?
- Claro que si, netiños meus. Vouvos contar unha historia que me ocorreu hai moito tempo. Non podedes contarlla a ninguén, vai ser o noso segredo:
“Sería ó redor do 1996 cando eu aínda era unha rapaza fermosa de dezaseis anos. Como se achegaba o día das Letras Galegas, no instituto dérannos uns días de vacacións, que eu ía pasar cos meus pais, en Galicia, na casa dos meus avós, no Courel. Todas as mañás ía mercar o pan á panadería de Manuel, co que fixen moi pronto amizade e non tardou en presentarme ao seu fillo Daniel, que tiña un ano máis ca min. Pronto nos fixemos amigos e unha tarde decidimos ir dar un paseo polo bosque. Cando xa levabamos andado bastante, paramos a sentarnos para merendar. Eu sentíame xenial, adoraba aquel olor a herba fresca, respirábase unha tranquilidade inmensa ata que, de pronto, comezou a facer vento. Cada vez máis e máis forte. Ao chocar contra as árbores parecía que nos dicía algunhas palabras soltas. Parecía que nos chamaba. Nós, o que fixemos foi deixar todo no chan e seguir o vento ata que nos levou a estar diante dunha gran mansión branca. A nosa curiosidade era máis forte ca o medo que se intentaba apoderar do noso corpo. Achegámonos á porta e petamos. Ninguén contestou. Abrimos a porta e entramos. Nada máis dar tres pasos a porta pechouse. Intentámola abrir pero foi imposible. Todo escureceu. Paralizados polo medo, o que fixemos foi agardar en silencio ata que vimos un punto de luz que se achegaba a nós e tomaba a forma dunha rapaza diminuta. Era imposible crer o que estabamos vendo pero aquilo era real.
-Ola rapaces. Cales son os vosos nomes?
Nós, temerosos e desconfiados, dixémosllos.
-Daniel e Clara. Benvidos ao Labirinto do Vento. Isto consiste nunhas probas que teredes que superar se queredes marchar con vida. Os Supremos, criaturas malévolas que crearon esta mansión co fin de atraer a persoas para que participen nas tres fases a vida ou a morte, son os espectadores. Aquí tedes tres portas, cada unha levaravos a un lugar diferente. Unha vez dentro non poderedes marchar se non atopades a saída. Aquí tedes a primeira porta. Se conseguides superar a proba que vos agarda, teredes que facer a seguinte ata chegar á final. Que a sorte se poña sempre do voso lado.
Ao acabar de dicir isto desapareceu. Daniel e mais eu estabamos asustados e moi confusos. Non tiñamos opción; deberiamos pasar as tres probas se queriamos marchar con vida. Finalmente, abrimos a primeira porta. O que vimos foi un bosque cheo de árbores xigantescas que nunca víramos. De súpeto unhas bólas de lume botáronse sobre nós. Comezamos a correr intentando esquivalas todas. Unha delas conseguiu pasarme tan preto da cabeza que me queimou as puntas do pelo. Cando pararon de vir sentamos no chan; estabamos moi asustados. Pronto pensei que se quería estar viva máis tempo debía de ser forte e lista. Non sabiamos canto tempo íamos botar alí polo que o primeiro que se me ocorreu foi buscar un río, porque sen auga non durariamos moito e supoñía que tería que haber un, porque os Supremos non quererían ver como morriamos deshidratados. Non sería un bo espectáculo. Non foi doado encontralo. Pola noite, Daniel e mais eu tiveramos que durmir abrazados, para darnos calor. Se faciamos lume os seres que habitaran nesas terras encontraríannos facilmente. Pola mañá, espertounos o ruído das bólas de lume ao vir por nós. Corremos seguindo o río cara ao norte. Alí tiña que estar a saída. As bólas de lume eran moito máis grandes e alcanzaron o brazo de Daniel. Seguimos correndo e xa viamos a porta que nos levaría á saída cando as bólas cesaron. Daniel estaba moi mal. Non se podía mover e non o ía deixar, así que fun na procura dunhas herbas que aliviaran a dor. Cando as tiven mastigueinas e despois de crear unha pasta, apliqueina sobre o brazo de Daniel, que axiña notou unha mellora. Tiveramos que botar alí unha noite máis, polo que seguir o río fora moi boa idea. Pola mañá collémonos da man e cruzamos a porta.
-Moi ben rapaces– era aquel ser con ás –poucos lograron superar a primeira proba. Clara, fuches moi lista ao buscar auga. Por certo, eu son Effie. Non son un Supremo. Poderíase dicir que son a vosa amiga. A miña misión é axudarvos a gañar para poder ascender. Desexo ser unha ninfa de auga. Ben...non perdamos tempo, púidenvos conseguir isto, agora atravesade a segunda porta e que a sorte se poña sempre do voso lado.
Effie déranos unha mochila. Collín a Daniel da man e atravesamos a segunda porta.
O que vin impresionoume. Unha paisaxe totalmente desértica. Collemos as mochilas e miramos o que tiñan: un mapa onde aparecía a saída, unha botella para auga sen auga (recordo que ao vela non puiden evitar deixar escapar un sorriso), un saco de durmir, unha corda, e un coitelo. Collemos o mapa e emprendemos a viaxe. Todo estaba demasiado tranquilo. Primeiro fomos buscar auga. Pero no mapa non viamos ningunha indicación de onde podía haber algún río ou lagoa. Ata que de súpeto reparei nun cácto. Collín o coitelo, abrino con coidado e recollín a auga que tiña dentro. Cando ía facer o mesmo co seguinte, vimos como detrás de nós aparecían uns seres enormes que semellaban ser lobos pero moito máis grandes. Algo que nunca vira. Corremos todo canto nos permitiron as pernas ata que unha xigantesca pedra bloquearon o noso camiño. Daniel acordárase ca corda. Utilizámola para poder subir a pedra e aqueles seres, ao esvarar pola pedra, non puideron subir. Estabamos moi cansos polo que decidimos acampar. Por sorte tiñamos ao lado unha planta de vallas, que foron a nosa cea, e tivemos que restrinxir a pouca auga que puidera conseguir. Pola noite fixo moitísimo frío. De non ser polo saco de durmir morreriamos conxelados. Pola mañá emprendemos a viaxe. O vento arrastrábanos cara atrás polo que dificultaba o noso avance.
Puidemos chegar ao final do deserto. De non ser por todo o que Effie nos dera non seguiriamos con vida. Cruzamos a porta. Ao outro lado estaba Effie esperándonos, orgullosa de nós. Díxonos que estaba contentísima de que nós foramos os participantes que lle tocaran. Soamente dúas parellas chegaran a pasar a segunda proba.
-Grazas Effie de non ser por todo o que nos deches non estariamos agora aquí, estamos en débeda contigo.-díxenlle.
-Só conseguín iso porque aos Supremos gustoulles o listos que fostes e me concederon o permiso de ofrecervos u ha axuda. Se non quixeran que estivésedes na última proba non estariades agora falando aquí comigo. Só vos queda a última. Ánimo, quérovos moito pero teño que dicirvos que para esta proba dará igual o listos, fortes e rápidos que sexades. Recordade, actuade de corazón e non vos pasará nada. Temo que agora non vos podo dar ningunha axuda. Estareivos esperando aquí. Sei que o lograredes. Que a sorte se poña sempre do voso lado.
Cruzamos a porta. O que vimos fíxonos estremecer. O ceo estaba escuro e diante de nós só había unha entrada que levaba a un labirinto. Entramos, pero a Daniel absorbérao unha néboa e separárao de min. Eu avancei durante horas sen rumbo. Sentíame mal, mareada pero tiña que conseguir pasar a proba. Pronto comecei a ter sede e non puiden evitar pensar en como estaría Daniel. Botara dous días sen durmir, estaba cansada e famenta cando, de pronto, vin un vaso con auga e un anaco de pan. Corrín con forzas sacadas de onde non había e, cando ía comer o pan, vin a unha meniña chorando apoiada nos muros do labirinto. Achegueime a ela e díxome que levaba alí moito tempo, sen comer nin beber. Se eu non comía aquel pan e bebía aquela auga morrería, pero dinllo todo aquela nena a pesar de que sabía que o meu tempo se esgotaba. O labirinto encheuse dun vento que me envolveu e me deixou sen sentido. Ao espertar tiña diante a Daniel tirado no chan. Corrín a espertalo. Pensamos que fora todo un soño pero de camiño a casa, na pola dunha árbore, vimos a Effie .”
-Vaia, avoa, que cousas che pasan!!!! E... E aquel rapaz era o avó Daniel?
-Si meus netiños da alma, si que o era.
A raposa Carolina
A Laura María Fernández Pardo, de 2º de ESO, correspondeulle o segundo premio na categoría dos máis novos no concurso das Letras Galegas convocado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. O seu relato, A raposa Carolina, podédelo ler a seguir:
No ano 2345 comezou a era da extinción por mor dos seres humanos; os animais loitaban por sobrevivir, reproducirse, comer…
No ano 2345 comezou a era da extinción por mor dos seres humanos; os animais loitaban por sobrevivir, reproducirse, comer…
Por
iso vouvos contar a historia dunha raposiña amiga miña; Carolina
era una raposa que pasaba os días morta de aburrimento na sua cova.
-Hoxe
vou saír cazar e se cadra como algo máis ca coellos silvestres. Se
cadra como una ovelliña, que hai ben anos que non como, ou se cadra
atopo un amigo, outro dos meus.
-Agora
non é coma antes-dixéralle o seu avó antes de morrer- a nosa é a
última familia de raposos da zona. Cómpre que vos afastedes dos
humanos, buscando a forza do grupo. Antes fomos os reis: eramos
temidos e respetados. Os humanos tíñannos medo e ata nos
inventaban lendas.
Daquela
Carolina aínda era una cría, agora estaba soa e aburríase
moitísimo. Saíu da cova e percorreu algúns quilómetros. Preguntou
por aquí e por alá pero ninguen vira nunca un animal coma ela.
Pero,
outro día, atoupouse cunha lagarta falangeira que se parou un cacho
longo a falar con Carolina.
Díxolle
que, había xa moitos anos, vira un raposo coma ela e que aínda tiña
que estar vivo a non ser que o mataran os humanos.
Carolina
preguntoulle que onde fora iso e si lle podía indicar o camiño.
A
lagarta indicoulle por onde se ía e, se se perdía, por que nome
tería que preguntar. Advertiulle que non vaixara para nada ao val
porque alí é onde está a aldea donde vivien os humanos.
Carolina
deulle as grazas e foi correndo ata a sua cova para preparar unha
mochila para o camiño. Estaba moi cansa e cando remartou de preparar
a mochila deutouse un anaco e rematou por adormecer.
Ó
día seguinte colocou a mochila no lombo e ollou para as terras que
lle quedaban atrás, que eran as da súa infancia.
Parou
un anaco para conter as bagoas e continuou o seu camiño. Andou
moitos e moitos quilómetros. E, así, pasou días e días
atravesando montañas, montes…
Un
día sentíu un cheiro a animal: Dún salto subiu a un alto e, ao
lonxe, puido ver un lugar con casiñas de pedra. Uliscou de novo e
dixo:
-Chéirame
a ovella, a años andan alá ao fondo
Agardou
a que fora de noite e baixou. Pillou un año e marchou con el pero
non con mala intención senón para poder calmar a sua fame.
Cando
volveu para coller outro año xa non estaban; seguiulles o rastro e
chegou ó lugar onde estaban as casas dos homes.
Cando
xa marchaba viu diante un humano, Carolina regañou os dentes
ameazadora pero el levaba una escopeta e apuntoulle.
Intentou
correr pero quedara inmóbil.
Carolina
puido escapar coa pata ferida pero non moi lonxe, estaba atontada e a
pata doíalle moito. Laiou un pouquiño para non pensar na dor.
Unha
nena humana chamada Loreto oíu a queixa e mirou no medio dos fentos,
alí atopou un animal ferido.
Ao
velo Loreto preguntoulle:- E ti que es?
Ao
que Carolina contestou: -Eu son Carolina e marchei da miña fraga
buscando outros animais coma min para non me extinguir.
Loreto
tamén se presentou: -Eu son Loreto, a única nena da vila. Se
queres, pódoche traer comida mentras non te recuperas .
Carolina
aceptou e Loreto estívolle a levar comida mentres Carolina se
recuperaba.
Cando
Carolina se recuperou, colleu a mochila e escapou de entre os fentos.
Enseguida
uliscóu A Comiña de Brubos que era o nome do lugar que lle indicara
a troita, quedou un anaco quieta pero enseguida voltou a correr.
Viu
una cova e meteuse nela ,ouveou e contestáronlle; logo viu un ser
semellante a ela. ¡Atopara outro dos seus, outro raposo!
05/06/12
As crónicas do Pazo
No Certame das Letras Galegas que convoca o EDNL do noso Centro, resultou gañador o relato titulado As crónicas do Pazo, escrito polo alumno de 4ºA José Antonio Folgueira.
Aquí o tedes:
Aquí o tedes:
Dende aquela habitación podíase oír o impetuoso asubío do vento, tan agudo e estridente como de costume, ou iso lles pareceu aos alí reunidos. Nin aquelas anchas paredes de pedra que tantas inclemencias soportaran, durante tantos anos, eran o suficientemente fortes como para reprimir o berro insoportable daquel fenómeno atmosférico. Bastaba con retirar as finas cortinas de encaixe e acaroarse a aquelas fiestras tan amplas para ver como as escuros nubarros do horizonte anticipaban a chegada daquel trebón inminente.
Asemade, a chama dunha vela comesta loitaba por sobrevivir no medio da mesa, iluminando as facianas dos presentes. Non tardaría en amencer e todo o mundo procuraba ocultar o cansazo que o desvelo nocturno lles ocasionaba. De feito, eran moitos os que, borboriñando disimuladamente, conseguían evitar os desagradables efectos da falta de descanso. Por outro lado, calquera podía decatarse de que, a miúdo, todas as miradas da sala confluían nun punto común. Naquel recuncho, illado da masiva congregación e en constante penumbra, salientaban as figuras esvaecidas de tres mulleres, unha delas, a de maior idade, sentada nunha retorneada cadeira. De súpeto, a que, de primeiras, semellaba ser a máis nova, inclinouse levemente para acceder á orella dereita da que estaba sentada, e musitou en voz baixa:
Sabes que hoxe teremos visita.
Sei –contestou un pouco desairada.
Ti coñecíchela, verdade? – interrompeunas, instintivamente, a que antes ficara calada.
Non. O certo é que ela non se levaba moi ben co voso defunto avó e nunca se atreveu a vir ao pazo.
Despois seguiu un incómodo silencio, pois as circunstancias así o esixían.
A totalidade da servidume permanecía queda no xardín sito ao carón da casa. Todos se distribuíran en varias filas, con tal precisión, que mesmo semellaban seren soldados en formación á espera de novas ordes. Unha suntuosa carruaxe avanzaba, xa, polo camiño que ía dar ao patio do casarío, ao tempo que aumentaba a tensión entre os membros do grupo. Ao deterse o vehículo, o leve orballo que acompañara ao servizo na súa espera intensificouse, de tal xeito, que un dos criados se precipitou a abrir a porta do coche de cabalos. Entón, asomou do interior unha man osuda que apenas lograba agarrar, a causa da artrose, o ombreiro do apurado servente. Cun pouco de axuda, aquela muller, xa entrada en anos, conseguiu apoiarse no chan do patio. Nisto, e facendo uso dun elegante báculo e dun discreto paraugas, aquela señora comezou a andar con tal celeridade que ninguén podía dar creto do que vía. Tras atravesar a porta principal, saíronlle ao camiño tres mulleres, as mesmas que, tan só unhas horas antes, tiveran aquela breve e inconclusa conversa. A visitante, posuída por unhas présas incontrolables, non detivo a súa traxectoria e atravesou toda a mansión ata alcanzar unha pequena porta de madeira. Dentro atopou un pobre home, bastante desgastado pola enfermidade, e abrazouse a el sen poder conter un par de bágoas: era o seu irmán. Pouco despois, o desafortunado moribundo sentiu uns pasos e, a través da porta, puido ver como chegaban ao dormitorio a súa muller e as súas dúas fillas. A familia estaba reunida de novo.
O día tocaba á súa fin e a tormenta ía perdendo, paseniño, a forza gañada durante aquela axitada xornada. A filla máis nova do marqués estaba preparándose para a cea que tería lugar, pouco despois, no comedor familiar e non puido evitar debruzarse no peitoril dunha das ventás da habitación, co fin de albiscar, naquel ceo que, por intres, se despexaba, as primeiras estrelas da noitiña. Nese momento, entrou a súa tía na habitación, deixándoa atónita. Ela pasara toda a tarde a carón do pai da rapaza, o seu irmán, e precisaba, case con urxencia, dunha persoa que a puxera ao tanto do que, naquela casa, acontecía. Estiveron case un cuarto de hora conversando, nun ininterrompido diálogo, onde eran frecuentes as referencias á estraña enfermidade respiratoria que padecía o marqués, o cal, preocupado por unha morte prematura, acelerara os preparativos do casamento da súa primoxénita. Certos comentarios da sobriña delataban a súa oposición á futura voda, a causa do amor clandestino e recíproco que ela lle profesaba ao pretendente da súa irmá.
O mozo acababa de saír da habitación do marqués, cando chegou a muller deste. Ela non tardou en percibir no confuso aceno do seu marido, a preocupación que o encontro previo lle provocara. Daquela, foi cando el lle contou o sucedido. O rapaz viñera pedirlle a man dunha das súas fillas, pero non a da máis vella. O marqués aínda non aceptara o trato, xa que antes quería saber o que esta opinaba do asunto. A súa dona, consciente da posibilidade de que a irmá maior quedase solteira (posto que o seu tempo de muller casadeira se estaba esgotando), aseguroulle que xa se decatara da relación que estes mantiñan en segredo e que, en consecuencia, falara coa súa filla menor por se ela estaría disposta a casar; mentindo, asegurou que se negara rotundamente. Posteriormente, deixouno só e ordenou á servidume que pechase a porta con chave e que non permitise que Xoana, a filla máis nova, acudise a aquela ala da casa. Decidiu que esta tiña que marchar da mansión de inmediato, e ocorréuselle que fose coa súa tía a Inglaterra: despois de todo os médicos notaran certa melloría no estado do seu esposo e a súa cuñada acordara embarcarse para alí o antes posible; o seu home era xa un ancián e necesitaba dos seus coidados.
- Ata nas grandes casas, a verdade se acaba sabendo – pensaba Xoana.
O mordomo do pazo, que se encargara de instruíla na nenez, contáralle os plans que a súa nai tiña para ela. Xoana pensou que, para non levantar sospeitas, o mellor era enviarlle unha carta ao seu namorado. Con sorte chegaría a tempo para que impedise a súa marcha e formalizase o acordo nupcial. O tempo corría na súa contra e a súa tía, encirrada pola marquesa, adiantara a data de partida da mansión.
Diego estaba na sala cando chegou o mordomo. Desafortunadamente, Xoana dirixíase ao peirao acompañada da irmá de seu pai; chegaba tarde. O mordomo tranquilizouno e díxolle que o barco aínda tardaría unha hora en alcanzar a costa; isto dáballe unha marxe de tempo importante. Cando se dispoñía a marchar, unha man asiuno con forza polo cóbado. Era a marquesa.
Un calafrío percorreu de súpeto o corpo da rapaza, poñéndolle a pel de galiña. Aquel buque, de grandes dimensións, sucaba, engorde, as cristalinas augas da ría e a súa proa xa era visible a través do branco velo que a brétema atlántica tecía sobre o mar; un mar que contra todo prognóstico, estaba máis quedo que de costume. Un acto reflexo obrigouna a mirar cara a terra que deixaba, aquela terra que tanto recordaría, un símbolo da infancia e a xuventude perdidas. Miraba para atrás e o único que vía era un extenso conglomerado de persoas, que, como ela, compartían aquel abafante sentimento de morriña e de angustia existencial. Daquela, un home atravesou todo o xentío ata alcanzala; recoñeceuno, era o condutor da carruaxe de Diego. Díxolle que el a esperaba no coche de cabalos e non dubidou en correr á súa beira. A tía mirouno inquisitiva e este rosmoulle ao oído algo que a deixou de pedra.
O pesado caxato de madeira que vigorosamente a sostiña caeulle da man, provocando un son tan oco que a fixo estremecer. Un extenso baleiro medraba rapidamente no seu interior, un baleiro que lle resultaba insoportable. Aquilo non podía ser verdade, negábase a crelo. O seu irmán non podía estar morto, aínda non.
16/05/12
Letras Galegas 2012
“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”
O porvir da lingua No Día das Letras Galegas, honramos este ano a figura de Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta, home de empresa e vencellado á política, cuxo obxectivo foi traballar por e para Galicia.
Para información exhaustiva, entrar aquí.
O porvir da lingua No Día das Letras Galegas, honramos este ano a figura de Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta, home de empresa e vencellado á política, cuxo obxectivo foi traballar por e para Galicia.
Para información exhaustiva, entrar aquí.
14/05/10
14/04/10
Concurso de relatos curtos
Como en anos anteriores, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2010", que se rexerá polas seguintes
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do Centro.
- Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
- Extensión máxima: tres folios.
- Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
- Os relatos só se poden facer e enetregar de forma individual ao profesor correspondente de Lingua Galega.
- Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca do Centro.
- Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
1º PREMIO: Vale de 30'00 euros en material.
2º PREMIO: Vale de 15'00 euros en material.
- Data límite de entrega: 10 de maio de 2010.
- O xurado estará formado por membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.
27/06/09
Novoneyra

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.