27/01/23

Visita de Xosé Luís Vázquez Somoza


O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Río Miño de Rábade, o noso centro, asiste o mércores, 25 de xaneiro á charla de Xosé Luís Vázquez Somoza na aula de Novos Medios. O autor de O conserxe foi presentado por Diego Rodríguez Campo, alumno de 2º de Bacharelato.

25/01/23

Ás veces atopamos dificultades engadidas á hora de nos poñermos a facer un traballo de investigación. No Colexio Público La Canal de Luanco en Asturias téñeno claro e saben dar algúns consellos que poden resultar moi útiles. 

 

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.