11/05/21

Un seis de maio, de Pablo Rodríguez Rodríguez

 Pablo Rodríguez Rodríguez, de 4ºESO A, resultou gañador do 1º Premio do Nivel 1 do Concurso de Relato Curto do IES Río Miño de Rábade co relato titulado "Un seis de maio", que ofrecemos a seguir:

Todo comezou un día gris, un 6 de maio , certamente ás catro da tarde, para ser máis exactos. Foi  nese mesmo intre, cando no paritorio do hospital Lucus Augusti naceron uns xemelgos. Nas radiografías previas ao parto non se atopaba ningunha anomalía,concretamente atopouse ao comezo do parto.

 María era unha rapaza pertencente ao municipio de O Corgo (Lugo), que casara cun rapaz que estudara con ela, chamado Xabier. Ao ano e pouco de casar decidiron ter un fillo. Foi unha sorpresa que María quedase embarada á primeira, pero máis sorpresa foi cando catro meses despois se enterou de que eran xemelgos. 

María ingresou no hospital o 5 de maio , pero o doutor xa lle dixera que os seus fillos ían nacer o día 6. E o doutor Xoán Ramón non se equivocaba. Como todos sabemos para ser un bo doutor hai que ter un nome composto, xa que eu non recordo ningún bo cun nome só.

Deixando as miñas teorías dispostas a matar o tempo, volvemos a ese 6 de maio: ás tres da tarde ,María púxose de parto de forma natural; levárona á sala que lle proporcionaran para dar a luz, alí dentro estaba o doutor Xoán Ramón coas súas axudantes. o primeiro que fixo o doutor Xoán Ramón foi comprobar a posición na que viñan os nenos, cando se deu conta de que estes aparecían  cada un colocado de forma diferente e ademais extremadamente xuntos. Non o dubidou e avisou a María de que era necesaria unha cesárea. María non se puxo moi nerviosa, ao mellor foi porque o seu doutor tiña un nome composto, pero o caso é que non se puxo nerviosa, mentres que Xabier estaba que subía polas paredes dos nervios. Cando o doutor fixo a incisión para sacar aos nenos, deuse conta que viñan pegados! Viñan pegados ao revés! O nocello dun estaba xunta á gorxa do outro!

En seguida a noticia se soubo en todo o hospital, ata os médicos residentes comentaban:; Na miña vida vin unha cousa así! Madía leva!

Nos seguintes días foran as televisións de todos os recunchos do mundo e a familia recibiu o aloumiño de moitas persoas.

Grazas a este recoñecemento mundial púidose pagar a operación para separar os pequenos, que non era nin máis nin menos que 300.000 €! 

A operación comezou un día despexado, un 20 de maio certamente, ás 6 da tarde, para ser máis exactos…...

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.