Amosando publicacións coa etiqueta Bases. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bases. Amosar todas as publicacións

08/05/25

Bases

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

As bases que rexen este certame son:

1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.

2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):

CANTAREIRA, MANDIL, ALEGRÍA, SILVEIRA, FEITICEIRO
4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e entregaranse ao profesorado correspondente.

6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:

  • Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO

  • Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.

7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.

8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.



Rábade, a 7 de maio de 2025


05/02/25

Bases de Quero Cantar



  #QueroCantar volve apostar polo talento musical da mocidade!  Se tes menos de 16 anos e creas música en galego, esta é a túa oportunidade! Presenta a túa maqueta ata o 14 de marzo. 

Gala de finalistas: 6 de abril. Teatro Colón (@TColonCoruna).

Premios: 6.000€ en material musical, gravacións en estudio e programa formativo para impulsar a túa carreira! Bases: BOP 31 de xaneiro. 

Máis info no perfil de @querocantarGal

21/01/25

Bases

 Con motivo dos 75 anos da morte de Castelao, o EDLG do IES San Clemente convoca o Concurso de Poesía Escurecida, un singular certame literario no que se deberán crear textos segundo a técnica da poesía escura. As persoas interesadas teñen que escoller unha páxina de Sempre en Galiza, e ir riscándoa de xeito que só fiquen ao descuberto as palabras, que conformen un novo texto, diferente ao orixinal.

Poden participar estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo. O prazo para presentar os traballos remata o 30 de xaneiro, data do nacemento do escritor rianxeiro. Deben remitirse en formato dixital a: edlg@iessanclemente.net

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto Escollemos galego que está a desenvolver o EDLG deste centro compostelán durante o curso 2024-2025.

Máis información, aquí

11/11/24

Concurso de Microrrelatos

 Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega do IES Río Miño convocan un Concurso de microrrelatos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

 As bases que rexen este certame son:

1. Poderá participar todo o alumnado do Centro. Cada participante poderá presentar un único microrrelato.

2. Os microrrelatos presentados deberán estar escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: Sensibilización fronte á violencia de xénero.

4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos entregaranse ao titor ou titora, ou ao profesor/a de Lingua Galega correspondente.

6. O prazo de admisión finaliza o mércores 20 de novembro de 2024.

7. O xurado estará composto por membros do Equipo da Biblioteca e o de DLG, e o seu fallo será inapelable.

8. Concederanse dous premios por nivel, isto é: 

Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Nivel 3 para o alumnado de 1.º e 2.º de Bac

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e vale de 15 € para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.

9. A decisión do xurado darase a coñecer na Biblioteca do Centro o luns 25 de novembro no segundo lecer e será publicada  no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

10. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.


Rábade, a 11 de novembro de 2024

17/09/24

Bases

 Lémbrannos do Concello de Dodro que ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de presentación de obras candidatas ao XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, cuxas bases poden consultarse nesta ligazón.

02/05/24

Bases

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Luísa Villalta,


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

As bases que rexen este certame son:

1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.

2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):

multitude, axexaba, alpendre, axóuxere, xenro

4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e entregaranse ao profesorado correspondente.

6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:

  • Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
  • Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.

7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.

8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.

Rábade, a 2 de maio de 2024

22/04/24

Bases e certames

Chégannos noticias de concursos variados, que aquí deixamos por se son do voso interese:

- O XIII proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas, convocado pola fundación do mesmo nome e a SXPL para fomentar o coñecemento do patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros educativos. Poderán concorrer aqueles de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou educación especial nas modalidades de primaria ou secundaria. O prazo de presentación de propostas remata o 1 de xuñoPodedes consultar toda a información no Portal da lingua galega: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0189/xiii-edicion-proxecto-didactico-antonio-fraguas-fraguas

- O XII Certame de Microrrelatos Feiraco 2024promovido por esta empresa láctea en colaboración coa SXPL, no que se establecen dúas categorías: xuvenil (a partir de 12 anos) e adulta (de 18 anos en diante). Os relatos, que deberán comezar coa frase “Púxenme a escoitar” e non superarán as 500 palabras, poderanse subir á páxina web: https://leiteratura.feiraco.es/ ata o 18 de maio. As bases están aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0191/xii-certame-microrrelatos-feiraco-letras-galegas-2024-edicion-leiteratura.

- O XV Certame de Cinema Ouff Escola, organizado polo Concello de Ourense co apoio da SXPL, para potenciar a creatividade audiovisual en galego. Poderanse presentar todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan algunha materia en lingua galega. A inscrición deberá formalizarse antes do 8 de xulloTedes o cartel e todos os datos en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0190/certame-cinema-internacional-escolar-ouff-escola-2024.

07/03/24

Mensaxes de amor


 As consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Política Social e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

Obxectivos

Dinamizar o uso da lingua galega entre as mozas e mozos nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentos de lecer e de diversión.

Características das mensaxes

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, no caso das categorías A e B, e de 200 caracteres, no caso da categoría C, incluídos os espazos en branco en ambos os dous casos.

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Persoas destinatarias e categorías

Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos.

Establécense tres categorías de idade:

• Categoría A: de 14 a 19 anos

• Categoría B: de 20 a 35 anos

• Categoría C: de 14 a 35 anos

Procedemento de participación

No caso das categorías A e B:

Para enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na páxina do concurso (http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar) para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición.

Todas as mensaxes serán publicadas na páxina do concurso e estarán identificadas polo título e mais polo número que se lles asigne. As mensaxes gañadoras serán as únicas que se identifiquen co nome e apelidos das autoras e autores.

No caso da categoría C (exclusiva para a rede social Instagram):

Cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Prazo de presentación

A data límite para enviar as mensaxes é o 1 de abril.

05/03/24

Máis Bases

O IES Félix Muriel de Rianxo quere homenaxear a vertente máis humanista de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e por este motivo puxo en marcha un certame artístiico que rende tributo ao escritor, debuxante e político rianxeiro botando man dunha das súas contribucións máis recordadas: os relatos ilustrados da serie Cousas. “Trátase dun concurso artístico que necesariamente ha de ser literario mais tamén plástico, pois así son asCousas”, explican dende o IES rianxeiro.

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca serán os encargados de dinamizar e difundir o certame, ademais de buscar persoas ou entidades dispostas a soster economicamente este premio.

O Departamento de Lingua Galega encargarase de levar ás aulas o estímulo necesario para que o alumnado se sinta motivado a participar no certame, aplicando a educación literaria á propia vida e propiciando unha aprendizaxe significativa da literatura galega.

O grupo de traballo Ekos, formado por alumnas e alumnos de segundo de Bacharaleto é o responsábel das bases, deseño e presentación desta primeira convocatoria do certame.

 Enlace á web do certame: https://certame-cousas97.webnode.pt/

Bases


 

07/02/24

CONCURSO “ADIVIÑA QUEN SON”

 11F NORMAS DO CONCURSO “ADIVIÑA QUEN SON”


Para celebrarmos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), dende o IES Río Miño queremos visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Así pois, organizamos o concurso “Adiviña quen son” ao que podedes acceder na seguinte ligazón: 


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdQsIdnBxR6D0fSYj8CMpxMUO7d18kyueGZ7miuOI8VqLH83g/viewform?usp=sf_link


Teredes que averiguar que científica se atopa detrás de cada unha das pistas colocadas no taboleiro da entrada do instituto. As dúas persoas que coñezan máis mulleres científicas gañarán un agasallo moi científico. Será para ti?


Se aceptas o reto, le as nosas bases:


  • Poderá participar todo o alumnado do Centro.

  • Unha única participación por estudante.

  • Os participantes enviarán as súas respostas a través do formulario.

  • A data límite para a participación no concurso será o xoves día 8 de febreiro ás 20:00

  • Concederanse dous premios para as dúas persoas que teñan máis acertos.

  • No caso de que se produza un empate no número de acertos realizarase un sorteo para decidir as/os premiadas/os.

  • A participación no concurso e o correspondente envío do formulario supón a aceptación destas bases.

  • O/A vencedor/a comunicarase o venres día 9 de febreiro no segundo lecer.


Anímate a participar!

05/02/24

03/05/23

Bases

 


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de LGL do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

As bases que rexen este certame son:

1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.

2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):

esbardallar, sarabia, aperta, ledicia, xeonllo, salouco.

4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura e entregaranse ao/á profesor/a correspondente.

6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:

  • Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
  • Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.

7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.

8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.

Rábade, a 2 de maio de 2023

07/02/23

VI Concurso de carteis do 8 de marzo de 2023, Día Internacional da Muller

A Xunta de Galicia abre o prazo para que os centros escolares galegos participen no concurso para o deseño do cartel da campaña do Día 8 de marzo 2023 "Día Internacional da Muller"

Categorías
- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
- Alumnado 5º e 6º de educación primaria, de 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes.

técnica e o estilo dos traballos serán libres, debendo respectar as seguintes características:
- Os carteis realizaranse en formato horizontal ou vertical, coas medidas DIN A3 (42 x 29,7 cm).
- O cartel estará dispoñible en formato papel e en formato electrónico, coa extensión JPG ou PDF.
- O cartel deberá incluír obrigatoriamente a frase “8 de marzo. Día Internacional da Muller”, así como un lema en galego relacionado co fomento da igualdade de xénero, contra os estereotipos e contra a discriminación cara as mulleres.
- Os traballos deberán presentarase en lingua galega e coidarán a calidade lingüística do produto final.
- As composicións e os slogans, así como todo o traballo no seu conxunto, deberán ser orixinais e inéditos, non poderán incluír imaxes con dereitos de autoría e non poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais ou persoas recoñecidas no ámbito público.

A imaxe gráfica que resulte gañadora poderá ser utilizada pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade.

prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 17 de febreiro, ás 15:00h

15/11/22

Concurso de Microrrelatos

Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega do IES Río Miño convocan un Concurso de microrrelatos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

 As bases que rexen este certame son:

1. Poderá participar todo o alumnado do Centro. Cada participante poderá presentar un único microrrelato.

2. Os microrrelatos deberán ser presentados escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: Sensibilización fronte á violencia de xénero.

4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos entregaranse ao titor ou titora ou ao profesor/a de Lingua Galega correspondente.

6. O prazo de admisión finaliza o martes 22 de novembro.

7. O xurado estará composto por membros do Equipo da Biblioteca e o de DLG e o seu fallo será inapelable.

8. Concederanse dous premios por nivel, isto é: 

Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Nivel 3 para o alumnado de 1.º e 2.º de Bac

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e vale de 15 € para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.

9. A decisión do xurado darase a coñecer na Biblioteca do Centro o venres 25 de novembro no segundo lecer e será publicada  no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

10. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.


Rábade, a 10 de novembro de 2022


Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.