Ás veces, as nosas mans poden ser moito máis que unhas mans.
Que non? Mira aquí e xa me contarás.
Hands
Amosando publicacións coa etiqueta Fauna b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fauna b>. Amosar todas as publicacións
14/09/09
26/03/09
A caza de focas

Abriuse, un ano máis, a veda para a caza de focas no Canadá, e as primeiras das 280.000 autorizadas empezaron a perecer sobre o xeo no Golfo de San Lourenzo.
Os pescadores canadenses redondean así os seus ingresos, mentres o seu goberno xustifica a medida na abundancia da especie, calculada en máis de 5 millóns de animais.
O que dificilmente se xustifica é a brutalidade dos medios empregados, algo que volve desencadear a polémica entre Otawa e as organizacións ecoloxistas e de defensa dos dereitos dos animais, que a consideran a maior matanza de mamíferos mariños do mundo.

Tampouco parece aceptable que o máis alto número de vítimas se dea entre as crías de poucas semanas, moi vulnerables por seren incapaces de nadar para fuxiren dos captores.

A morte das focas prodúcese de maneira lenta e agónica, sen que na maior parte dos casos se tente evitar o sufrimento dos animais, que son esfolados vivos; as fotos, sobrecolledoras, demostran a crueldade deste sacrificio.
Cómpre sinalar que este ano Rusia prohibiu a caza das focas menores de un ano.
09/05/08
Aguias imperiais
Hoxe, presentouse a webcam que, instalada no Parque de Cabañeros, permite seguir en directo a actividade dunha parella de aguias imperiais e o pito (nacido o 14 de abril pasado) até o momento en que abandone o niño.Con esta iniciativa preténdese concienciar a sociedade da importancia de conservar a especie, exclusiva da nosa Península, que estivo á beira da extinción e da que actualmente se contabilizan 234 parellas, entre Castela-A Mancha, Andalucía, Castela e León, Extremadura e Madrid (recentemente comezou a estenderse tamén por Portugal). Os principais perigos que ameazan esta ave son velenos e tendidos eléctricos.
Se queres asomarte ao niño, só tes que entrar en http://www.aguilaimperial.org/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.