Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Luísa Villalta,
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Río Miño convocan un Concurso de relatos curtos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.
As bases que rexen este certame son:
1. O concurso está dirixido ao alumnado da ESO. Cada participante poderá presentar un único relato curto.
2. Os relatos deberán ser escritos en lingua galega e á man.
3. Temática: libre. Incluiranse as seguintes palabras (estas irán subliñadas no texto):
multitude, axexaba, alpendre, axóuxere, xenro
4. Extensión máxima de 100 palabras.
5. Os microrrelatos serán elaborados no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e entregaranse ao profesorado correspondente.
6. Concederanse dous premios por nivel, isto é:
- Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
- Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO
Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 15 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e un libro en lingua galega para o segundo clasificado/a en cada categoría.
7. O xurado estará composto por membros do EDLG e o seu fallo será inapelable.
8. A decisión do xurado darase a coñecer na Semana das Letras Galegas e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.
9. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario