Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en https://www.entradaslugo.es/
Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en https://www.entradaslugo.es/
O Departamento de Lingua e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro convocan conxuntamente un Concurso de Relatos Curtos destinado ao alumnado da ESO do IES de Rábade, e que se celebrará presencialmente nos diferentes grupos ao longo da semana do 26 ao 30 de abril, última deste mes.
Concederanse dous premios por nivel, isto é: Nivel 1 para o alumnado de 1º e 2º de ESO, e nivel 2 para o alumnado de 3º e 4º de ESO. Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 30€ para material escolar.
O concurso consistirá na selección dun relato orixinal, de tema libre, que o alumnado escribirá en galego no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e nese relato breve incluiranse as seguintes palabras ou expresións, que irán subliñadas no texto:
1º NIVEL (1º e 2º ESO): luvas, fervenza, agarimo, axóuxere, serpe, lama.
2º NIVEL (3º e 4º ESO): aloumiño, berce, bulebule, madia leva, nocello, gorxa.
Os premiados daranse a coñecer na semana das Letras Galegas. Os relatos premiados publicaranse en Ponte Vella, o blog da Biblioteca do noso Centro.
O xurado estará composto por membros do EDNL e o seu fallo será inapelable.
O Departamento de Historia realizou unha actividade entre o alumnado de primeiro curso da ESO consistente na fabricación manual de ferramentas e utensilios propios do Paleolítico, seguindo os métodos de elaboración primitivos.
O alumnado gañador, por grupos, foi o seguinte:
O substantivo Lúa só se escribe con maiúscula cando é o nome do satélite da Terra; no resto dos casos será un substantivo común, un sinónimo de satélite e, polo tanto, ha de se escribir con minúscula.
'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021, composta por seis capítulos breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. Se queres acceder a eles, podes entrar neste enlace.
Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en https://www.entradaslugo.es/