03/05/24

Vota!


Animádevos a votar, ata o vindeiro 13 de maio, en https://aritmar.gal/, o mellor poema galego e portugués de entre os 10 finalistas do ano 2023, dentro do proxecto aRi[t]mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da SXL. Como sabedes, esta iniciativa busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0192/aritmar-galiza-portugal-fase-votacion-mellores-poesias-2023.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.