08/05/24

Sobre Luísa Villalta

 A Real Academia Galega presenta no seu espazo web Primavera das Letras (https://primaveradasletras.gal/) recursos lúdicos e didácticos para nos achegarmos á figura e obra de Luísa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas deste anoEntre outras iniciativas, atoparedes unha biografía en forma de conto, actividades interactivas, unha serie documental de seis episodios e as bases do concurso Contádenos o voso Día das Letras.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.