23/05/24

Entre a multitude, de Iván Río

Con este de Iván Jesús Río Pernas, de 1ºESO C, comezamos a publicación dos relatos do concurso convocado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto. O alumnado tiña que incluír no seu relato cinco palabras propostas nas bases, e suliñalas.

Iván Jesús Río Pernas obtivo o 1º Premio do 1º Nivel (1º e 2º ESO)


 Entre a multitude dunha praza de Galicia, podíase ver un pequeno gatiño. A xente pasaba ao seu lado, pero ninguén se fixaba nel. O gato, antes de ser abandonado por un dos seus donos viviu nunha casa da zona, unha casa humilde, pero era o seu fogar. Os seus donos eran unha señora e un señor, aproximadamente de 60 anos, que vivían sós na súa casa, co gatiño como mascota. Un día chegou a filla dos señores e o seu marido, cun montón de maletas. Parecía ser que tiveran algún problema no seu piso e botáranos. Ao cabo duns días todo volveu ser o de sempre, excepto que na csa estaban a filla e o xenro dos señores. O xenro, despois dun tempo, deuse de conta de que era alérxico ao gato, e como non lle gustaba nada, decidiu abandonalo ás escondidas. O gato intentaba volver entrar, pero a porta estaba pechada. Así, o gato pasou os días escondido no alpendre dunha casa veciña, e, ao final, foise porque necesitaba comida. Agora o gato sen fogar vivía só, e o único recordo da súa antiga casa era o seu colar e o axóuxere que colgaba del.

E así, o gato axexaba a xente, escondido nunha esquina, buscando a oportunidade de volver encontrar un novo fogar.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.