08/02/12

Medio pan y un libro


O pasado 4 de febreiro celebrouse o National Libraries Day. Hai algo máis de 80 anos, García Lorca saudaba a inauguración da biblioteca pública da súa vila natal, Fuente de Vaqueros (Granada), coas seguintes palabras.

"Cuando alguien va al teatro, a un concierto o a una fiesta de cualquier índole que sea, si la fiesta es de su agrado, recuerda inmediatamente y lamenta que las personas que él quiere no se encuentren allí. ‘Lo que le gustaría esto a mi hermana, a mi padre’, piensa, y no goza ya del espectáculo sino a través de una leve melancolía. Ésta es la melancolía que yo siento, no por la gente de mi casa, que sería pequeño y ruin, sino por todas las criaturas que por falta de medios y por desgracia suya no gozan del supremo bien de la belleza que es vida y es bondad y es serenidad y es pasión.
Por eso no tengo nunca un libro, porque regalo cuantos compro, que son infinitos, y por eso estoy aquí honrado y contento de inaugurar esta biblioteca del pueblo, la primera seguramente en toda la provincia de Granada. No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social.
Yo tengo mucha más lástima de un hombre que quiere saber y no puede, que de un hambriento. Porque un hambriento puede calmar su hambre fácilmente con un pedazo de pan o con unas frutas, pero un hombre que tiene ansia de saber y no tiene medios, sufre una terrible agonía porque son libros, libros, muchos libros los que necesita y ¿dónde están esos libros?
¡Libros! ¡Libros! He aquí una palabra mágica que equivale a decir: ‘amor, amor’, y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia, alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: ‘¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!’. 
Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida.
Ya ha dicho el gran Menéndez Pidal, uno de los sabios más verdaderos de Europa, que el lema de la República debe ser: ‘Cultura’. Cultura porque sólo a través de ella se pueden resolver los problemas en que hoy se debate el pueblo lleno de fe, pero falto de luz".

30/01/12

Lecturas pola Paz

Unha aposta pola Paz é tamén unha fermosa escolma de lecturas, expresión de actitudes de rexeitamento da violencia, de demanda de situacións de inxustiza social e de fomento da concordia e do diálogo. Isto é o que nos chega pola xenerosidade do IES San Paio deTui. Grazas por esta magnífica selección.

20/01/12

Estatísticas préstamo 1º trimestre

Temos un bo motivo para aledarnos: o préstamo de fondos da biblioteca segue aumentando, nesta ocasión, un 36% en total. Iso, acompañado dun mellor saber estar do alumnmado dentro da sala, fai que poidamos felicitarnos. Agardamos, se cabe, unha mellor marca.
Estas son as cifras, comparadas co mesmo período do curso pasado:

20/12/11

Recomendacións Nadal 2011

Tempo de lecer, de agasallos... de compartir; tempo para ler e disfrutar dunha boa película. Velaí unha pequena selección coa que poder disfrutar de historias que pasaron da imaxinación dun escritor ós andeis dunha librería e posteriormente á gran pantalla, con notable éxito. Son libros con película que merece a pena coñecer. Disfrutádeos!

14/12/11

El tiempo del amor, por Fabio Couto


Las hojas de los árboles son el tiempo,
cada vez que cae una hoja pasa un segundo acompañando al viento,
pero tú, mi amor,
arreglarás esto con tu voz,
para mí no existen horas, minutos ni segundos,
sino lo más importante es tenerte junto a mí hasta el fin del mundo,
cuando empieza a anochecer,
tus ojos reflejan un amanecer,
al estar a mi lado,
me traes la suerte y no el pecado,
siempre estaré junto a ti,
para que tengas una sonrisa que signifique que eres feliz.

24/11/11

25 de Novembro

A imaxe ilustra unha forma sutil de violencia, o maltrato verbal, que poucas veces conleva denuncia, aínda que produce un grave deterioro na imaxe que temos de nós mesmos.
Paul Valéry dixo: "A violencia é sempre un acto de debilidade e xeralmente  practícana os que se senten perdidos". Nesta data enlazamos un traballo do alumnado de 2º de Bacharelato do Instituto de Elviña, que nos chega a través da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. 

08/11/11

Lembranza de Marie Curie

Cúmprense os cen anos da concesión do premio Nobel de Física a Marie Curie (1867 - 1934), unha das únicas dúas persoas que recibiron dous Nobel en dúas diferentes disciplinas: o de Química (en 1903, xunto ao seu marido Pierre, en recoñecemento aos seus extraordinarios servizos e achados no fenómeno da radiación descuberto por Becquerel) e o xa citado de Física (en 1911, recoñecéndolle os méritos para os avances da Química co descubrimento do radio e o polonio, polo aillamento do radio e os estudos sobre a súa natureza e compostos).
O outro dobremente premiado en dúas disciplinas diferentes foi Linus Pauling, cos premios Nobel de Química (1954)  e da Paz (1952) pola súa oposición ás probas nucleares terrestres. 
Houbo asimesmo outros dous laureados dúas veces con senllos Nobel, pero na mesma disciplina:  John Bardeen, en Física, e Frederick Sanger, en Química.

07/11/11

Entre o TIC e o XIZ

Os mil profesores e profesoras asistentes ao Encontro Internacional Educa Red 2011 foi esta actuación-performance dos grupos grupos Ron Lalá e Primital Bros, que reivindicaron a figura do docente 2.0 no medio da rexouba xeral dos presentes.

06/11/11

A Lingua sabe a Pan

Lipdub do CPI Virxe da Saleta, de Cea, sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

31/10/11

Presentación


O xoves próximo ás 8 do serán Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, presenta en Lugo o seu libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
O acto será no Centro Social Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, 1) e asistirán Antón Bao(Tenente de Alcalde de Lugo) e Carlos Vello (pola Mesa da Zona).

26/10/11

Conferencia de Pepe Coira

Tonina Gay, desde o cineclube Valle Inclán, envíanos a seguinte reseña:

O Club Cultural Valle-Inclán programa a segunda das conferencias do ciclo “Leccións de cine”.
Pepe Coira impartirá a súa clase sobre A produción. Terá lugar este xoves, día 27 de outubro, a partir das 20,00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.
A entrada será libre e gratuíta.


Pepe Coira
Nacido en Rábade (Lugo) en 1963. Licenciado en Xeografía e Historia –especialidade de Hª da Arte Moderna e Contemporánea- pola universidade de Santiago e diplomado en Historia e Estética da Cinematografía pola universidade de Valladolid.
Crítico cinematográfico, guionista e produtor de programas para TV. Director do CGAI nos sete primeiros anos de vida deste organismo, ocupado da promoción, difusión e recuperación do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o primeiro premio “Fernando Rey” da Asociación Galega de Produtores Independentes. Trala súa dimisión como director do CGAI, dá clase na Escola de Imaxe e Son ata o 2000.
O seu nome está vencellado a títulos como Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais eu, As leis de Celavella, Vida nas mareas, O mundo de Celavella, De bares.
Traballou para o grupo Fílmax na produtora Bren Entertainment, sendo xefe de Desenvolvemento da mesma e produtor executivo de Filmax TV. Neste período dedícase especialmente ao xénero documental, tanto seriado (Hai que mollarse, Botarse ao monte), coma longametraxes: Lume e fume, Historia dunha parroquia, Tolos por Xapón, O premio da rubia, Prodixiosos, Eloxio da distancia, Días de reparto, así como a longametraxe para televisión Reliquias.
Desde 2010 traballa como profesional independente.

No ámbito da docencia foi profesor asociado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra entre os anos 2004 e 2007e no Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade d’A Coruña desde a súa fundación ata a actualidade.

Traduciu ao galego as Notas sobre o cinematógrafo, de Robert Bresson (1994). É autor dos libros As catro vidas dunha película (1995), Antonio Román. Director de cine (1999, cunha segunda e ampliada edición en castelán: Antonio Román, un cineasta de posguerra; premio ao mellor libro universitario español do ano 2004), Unha (brevísima) historia do cine (2001), No verán de 1940 (2004) e colaborou nas obras colectivas Historia do cine en Galicia (coord. José Luis Castro de Paz, 1997), Diccionario del cine español (coord. José Luis Borau, 1998) e Diccionario do cine en Galicia (1896-2000), do que tamén foi coordinador.

Á marxe de asuntos audiovisuais, é socio fundador da editorial TrisTram, na que se dedicou a traducir relatos e poemas de autores clásicos universais.

10/10/11

II Día da ciencia en galego


Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola UNESCO, polo que o día da ciencia en galego 2011 o dedicaremos á Química, á muller na ciencia e, tamén, homenaxearemos a María Curie e María Wonenburguer, unha matemática galega.

Se queres coñecer a súa vida podes consultala premendo aquí.

Únete e participa no II día da Ciencia en Galego ; na ligazón atoparás propostas máis detalladas, así como a solicitude de participación dos centros na Semana da Ciencia cun obradoiro de robótica en Lugo durante o mes de novembro.

03/10/11

Recortes, desilusión

Baixo este epígrafe publican un post as nosas compañeiras do club de lectura Balbordo, do IES Río Cabe de Monforte. Nas súas liñas reflíctese con detalle o sentir de moitos docentes ante a falta de persoal, as mermas económicas e a mala imaxe que se tenta dar do noso colectivo. Podes lelo pinchando aquí.



Etiquetas

25 de novembro (1) A Coruña (2) Actividades (10) Actuacións (1) AI (1) Alimentos (1) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación á lectura (4) Animais (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aquilino Iglesia (1) Arte (2) Astrid Lindgren (1) Astronomía (9) Avaliación (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Biblioteca (14) bibliotecas (6) boletíns (1) Cambio climático (2) Campañas (4) Canarias (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Celanova (1) Celebración (47) Celso Emilio (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (6) Cine (7) Comic (3) Compostela (2) concertos (3) Concursos (24) Conferencias (2) Congresos (2) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convocatorias (6) Correlingua (2) Cortázar (2) Courel (1) Crispín d'Olot (1) Cultura (2) Curie (1) Deporte (1) Dereitos humanos (1) Difusión (1) Dinamización (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Día do Libro (1) Educación (1) Encontros (4) Enderezos (1) ensino (1) Escritores (1) Estados Unidos (2) Estatuas (1) estatísticas (4) Exposicións (9) Familias (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) Fernández Paz (3) Festas (1) Flora e fauna (2) fondos (1) Forges (4) Formación (1) Fotos (13) Fotos antigas (1) Franquismo (1) Física (1) García Lorca (1) Globalización (1) Guerra (1) Guías (13) Haendel (1) Haydn (2) Historia (2) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES Río Cabe (1) información familias (1) Internet (4) José Saramago (1) Lambetadas (1) Lectura (16) Letras Galegas (17) Librarías (2) Libros (17) Lingua Galega (30) Lituania (1) Londres (1) Lugares sorprendentes (8) Lugo (8) Machado (1) Machismo (4) Madrid (1) Maios (1) manifesto (1) Manuel Rivas (2) Mares (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (7) Mozart (1) Mulleres (14) Museos (5) Música (16) Música. (1) Nadal (2) Natureza (6) Neira Vilas (1) Nenos (1) Normalización Lingüística (26) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (1) Novoneyra (4) Nós (1) Olimpiadas (1) Outros blogues (12) PAAU (2) Pais e Nais (2) París (1) Paz (3) Pepe Coira (1) Pintura (2) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (1) Planeta (5) Platón (1) Poesía (5) Poesía e poetas (7) Poetas (8) Portugal (2) Prado (1) Premio Cervantes (1) Premios (17) Premios Nobel (2) Prensa (7) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) proxecto lector (3) préstamo (2) Préstamos (1) Publicidade (1) Purcell (1) Páscoa (1) Quijote (1) Química (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) Recomendamos (9) recortes (1) Redes sociais (1) Relatos (11) Resumos (1) Roma (1) Rosalía (2) San Froilán (2) San Valentín (6) Scribd (4) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Slides (17) Solidariedade (4) Tabaco (1) Teatro (2) Televisión (1) Terra Cha (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Traballo (1) Traxe tradicional (1) Tráfico (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidades (1) Vacacións (2) Verne (2) Verán (2) Viaxes (3) Violencia (3) violencia xénero (1) Visitas (4) Viñetas (13) Vídeos (21) Xapón (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornalismo (1)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.