O Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega do IES Río Miño convocan un
Concurso de microrrelatos.
As bases que rexen este certame son:
1. Poderá participar todo o alumnado do Centro. Cada participante poderá presentar un único
microrrelato.
2. Os microrrelatos deberán ser presentados escritos en lingua galega e á man.
3. Temática: Sensibilización fronte á violencia de xénero.
4. Extensión máxima de 100 palabras.
5. Os microrrelatos entregaranse ao titor ou titora ou ao profesor/a de Lingua Galega correspondente.
6. O prazo de admisión finaliza o mércores 20 de novembro.
7. O xurado estará composto por membros do Equipo da Biblioteca e o de DLG e o seu fallo será
inapelable.
8. Concederanse dous premios por nivel, isto é:
Nivel 1 para o alumnado de 1º e 2º de ESO
Nivel 2 para o alumnado de 3º e 4º de ESO
Nivel 3 para o alumnado de 1º e 2º de Bac
Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20 € para material escolar para o primeiro
clasificado/a, e de diploma e vale de 15 € para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.
9. A decisión do xurado darase a coñecer na Biblioteca do Centro o luns 25 de novembro no segundo
lecer e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.
10. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
Moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario