Xa empeza a chegar o frío, especialmente polas mañás na nosa biblioteca, que goza dun microclima polar como ben saben os integrantes do equipo da mesma.
En Galicia hai unha chea de palabras para falar do frío e neste artigo extraído de "As chaves da lingua" temos unha ampla mostra das mesmas que servirán para deixarvos estremecidos, aterecidos, sentir calafríos e notar os dedos encandecidos e o frío ata nos ósos se tedes que facer un exame para recordar toda a información que proporciona. En fin, que para ir abrindo camiño pola secafría e axudar a aqueles lectores máis frientos a entrar en calor imos lembrar antes de nada unha cousa que é fundamental na nosa lingua: "En Galicia o frío non se fai, xa vén feito", dito que nos recorda o uso dos verbos en relación co clima, no que moi frecuentemente observamos o calco do castelán utilizando o verbo facer no canto de usar a forma correcta co verbo ir.
Abrigadoiro
Un lugar para resgardarse do vento, a chuvia ou o frío, en galego chámase abrigadoiro, abeiradoiro, abeiro, abrigo, acolleito, acubillo ou refuxio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario