Olivia Vázquez Zapata obtivo o 2º premio do Nivel 2 (3º e 4º de ESO) no Concurso de Microrrelatos convocado polo Departamento de Lingua e o EDL para celebrar o Día das Letras Galegas
Cada vez que visito a casa da miña avoa non podo evitar recordar con moita nostalxia todos os momentos que vivimos xuntas.
Recordo que ela era unha excelente cantareira e pretendía que eu tamén o fose, e, aínda que naqueles momentos non o apreciei, agora daría todo por deixar que ela me ensinase.
Cando eu chegaba da escola, ía con ela ao xardín a coller do tendedeiro, que estaba algo máis adiante da enorme silveira que ocupaba o patio, un mandil moi parecido ó dela.
Ela pasaba toda a tarde recitando cancións que parecían mesmo feitizos, e a pesar de que non volverei vivir eses momentos, sempre os recordarei cunha enorme alegría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario