04/06/25

Concurso de Microrrelatos: 2º Premio. Nivel 1

María Nogareda Sánchez, de 1ºESO B foi premiada co 2º premio do Nivel 1 (1º e 2º de ESO) no Concurso de Microrrelatos convocado polo Departamento de Lingua  e o EDL para celebrar o Día das Letras Galegas.

Recordo as tardes na casa d amiña avoa, unha muller que sempre desprendía alegría no seu rostro. Aquela lonxeva muller que defendía o noso idioma, o galego, soía dicir que a linguaxe era un feitizo, dicía que a forma na que nos expresamos descríbenos como persoas, e que deberiamos falar nesta lingua que nos acompaña desde que somos cativos.
Un día sentei con ela no xardín, a miña avoa sempre soía poñerse á sombra, preto dunha silveiras, comezou a contarme unha historia dunhas mulleres ás que nomeaban cantareiras; a miña avoa dicía que eran un claro exemplo de esperanza, xa que segundo ela os mozos de hoxe en día xa non nos decatamos do importante e esencial que é a terriña galega. Contaba que as cantareiras cos seus mandís, os seus panos e as súas zocas cantaban melodías fermosas que enfeitizaban a todo aquel que as oíra.
Lembro que cando marchei da súa casa quedei pensando como hoxe en día non seguimos defendendo o galego, porque agora parece que case non importa a nosa lingua; seguín reflexionando e decateime tamén de que na actualidade somos libres para expresarnos como queiramos, pero en tempos anteriores non foi así, pero de todos xeitos no pasado houbo quen defendeu a lingua, porque o galego é un símbolo da cultura e sempre formará parte de nós.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.