05/06/25

Concurso de microrrelatos: 1º Premio. Nivel 2

 Daniel Longarela Núñez obtivo o 1º premio do Nivel 2 (3º e 4º de ESO) no Concurso de Microrrelatos convocado polo Departamento de Lingua  e o EDL para celebrar o Día das Letras Galegas.

 Na aldea de Xesteira, xunto á silveira que bordea o río, vivía unha cantareira chamada Lúa. Cada mañá, vestía o seu mandil de liño azul e saía a cantar coas mans cheas de flores. A súa voz espallaba alegría polos camiños, facendo sorrir aos vellos e bailar aos nenos. Dicían que era feiticeiro o seu canto, que tiña maxia antiga. As mulleres collían flores mentres a escoitaban, e os homes paraban de traballar só por sentila. Un día desapareceu entre as árbores, deixándonos só o eco da súa melodía, que aínda hoxe frota no ar, pura e doce coma un segredo.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.