
A súa disertación sobre "Ler, Comprender e Aprender" non defraudou os asistentes. Todos estamos de acordo en que boa parte das causas do traído e levado fracaso escolar radican na falta de comprensión lectora dos alumnos e na súa incapacidade para buscar información.
Cómpre cambiar esta situación antes de se converter en endémica, e transformar as bibliotecas escolares na fonte de recursos que profesores, alumnos e familias necesitan.
Pero para iso fan falta estratexias, traballo e fe, moita fe.
Que alguén coa experiencia, o ben facer, o interese e a amenidade de Luz Paramio veña compartir connosco o que sabe é, máis que un luxo, todo un pracer.
2 comentarios:
Para quen a coñecemos persoalmente, admirámola profundamente polo seu bo facer e preocupación polo futuro e a educación. Envexa me dades por esa reunión!
Saúdos
Desde el sonrojo que me produce verme ahí, sólo puedo daros las gracias por haberme invitado a pasar un rato tremendamente agradable con vosotr@s, por vuestra complicidad, por el ambiente estupendo, por las risas, y sobre todo... por vuestro BUEN HACER. ¡ÁNIMO y adelante!
Publicar un comentario