
Lewis Hine era sociólogo e profesor , pero foi máis coñecido como fotógrafo. A fotografía debía ser unha forma de estudar e divulgar un dos asuntos que sempre lle interesou: o traballo; outra das súas famosas reportaxes xirou á volta do traballo infantil.
Durante os anos 20 do pasado século fixo unha serie de work portraits, que documentan ironicamente a contribución do traballo humano á industria moderna. Ito fixo que lle fose encomendada a que sería a súa reportaxe máis famosa: a construción do Empire State Building, em Nova York.
As obras do rañaceos iniciaronse en 1930 e empregaron 3.439 operarios, principalmente emigrantes europeos, e algunhas centenas de indios mohawk que, segundo se dicía, non sufrían de vertixes.
Todos eles eran conscientes de que, en plena depresión económica, unha vez rematado o edificio pasarían ao paro. Hine encontrou aquí un excelente territorio para as súas fotos. Correndo riscos enormes seguiu a marcha das obras xunto aos obreiros, ás veces en situacións tan precarias coma eles. As imaxes son arrepiantes.
Contan as crónicas e as guías turísticas que o predio se levantou a unha grande velocidade, cun promedio de 4'5 andares por semana, e completándose en quince meses, 45 días antes do previsto. Mide 443'2 metros de altura, incluíndo a antena de 62 metros, e ten 102 andares.
Por moi sorprendente que pareza, as estatísticas rexistraron só unha ducia falecidos en accidente laborais durante as obras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario