02/05/09

Unha foto prodixiosa

Acaban de cumprirse os 100 primeiros días de Barack Hussein Obama na Presidencia do Estados Unidos. O día da súa toma de posesión nas escaleiras do Capitolio de Washington foi tirada a foto que enlazamos máis abaixo.
É certo que ese día se tiraron probablemente millóns de fotos á parella presidencial e aos invitados á cerimonia, pero a particularidade desta impresionante foto é que ten unha definición 1.5 gigapíxeles, o que nos permite, movendo o zoom que hai á esquerda, ver o máis pequeno detalle: as partituras dos músicos, as caras dos que pagaron até 8.300 dólares por sentar nos lugares preferentes, os complementos dos vestidos das damas, os que quedaron durmidos naquela fría mañá de xaneiro, os que parolaban en vez de escoitar o discurso, etc.
Ao principio a imaxe aparece difusa, pero en poucos segundos todo se torna nítido e podemos mover o rato a discreción. Yes, we can!
E un detalle final: a cámara coa que se tirou esta foto custa máis de un millón de dólares.

Fai clic aquí, a ver se vale a pena.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pa flipar

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.