08/03/26

Un día coma hoxe de 1917, morría Eduardo Pondal


 A seguir, do poeta que cantou como ningún outro a liberdade, un poema de Queixumes dos pinos (1886)

 
Feros corvos de Xallas,
que vagantes andás
en salvaxe compaña,
sen hoxe nin mañá,
quen puidera ser voso compañeiro
pola gandra longal!
Algo de vago e fero
do meu ser no profundo
eu levo, com’as brétemas
dos curutos escuros,
unha ruda e salvaxe
inclinación dos seres vagamundos;
algo do rudo vento,
qu’azouta o cabo Ougal;
do salvaxe miñato,
que leva o vento soán
e con nobre ufanía
o esquivo mato rexistrando vai;
algo das vagas brétemas,
algo das uces altas,
algo dos libres corzos
e das feras bandadas
dos corvos vagamundos,
que s’espallan de Xallas polas gandras.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.