...e para celebralo traemos aquí, con toda intención, o máis parecido a unha banda deseñada medieval: unha páxina miniada das Cantigas de Santa María de Afonso X, do século XIII.
Traemos en concreto a cantiga XXXVI: Esta é de como Santa Maria pareceu no maste da nave, de noite, que ya a Bretanna, e a guardou que non perigoasse (Como Santa María se apareceu de noite no mastro do barco que ía a Bretaña e a protexeu para que non perigase).
Viñeta a viñeta, segue o desenvolvemento da cantiga: Como ía polo mar unha nave cun gran número de homes; como indo eles polo mar se levantou unha gran tormenta; como se encomendaban a todos os santos e non a Santa María; como un abade que ía entre eles lles dixo que chamasen a Santa María, que os salvaría; como chamaron por ela, que se lles apareceu no mastro; e como despois de chegados a porto deron grazas a Santa María.

Ningún comentario:
Publicar un comentario