Hai tan só unhas semanas foi atopada en Michigan unha curtametraxe de Georges Méliès que se dera por perdida durante décadas. Esta película é Gugusse et l'Automate (1897), e probablemente sexa a primeira que mostra un robot. O achado, segundo di a Biblioteca do Congreso en Washington, onde se atopa depositado o filme, produciuse tras unha doazón feita por un home de Michigan cuxo bisavó era un labrego que tamén exercía como mestre, e que polas noites ía de vila en vila cun espectáculo ambulante de lanterna máxica e películas que facía acompañar cun fonógrafo.
Os filmes que reuniu foron caendo no esquecemento, xeración tras xeración, até que se produciu a doazón; entre outras producións de Edison xa coñecidas, apareceu esta de Méliès que se tiña por perdida, e que agora, restaurada debidamente, está ao dispor do público e ti podes ver aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario