As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha
caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar
ou denunciar, de maneira totalmente anónima,
posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran eles ou elas mesmos ou que
perciban que lles sucede a outras persoas.
SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOSO, AXÚDANOS A PARALO!
1.- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segura/o.
2.- Localiza o Punto Laranxa no noso centro.
3.- Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario