O 23 de abril é a data máis significativa para o universo da literatura e a industria dos libros. Aínda que en España e noutros países xa se celebraba nesta data o Día do Libro, foi en 1995 cando a Conferencia Xeral da UNESCO estableceu esta xornada como o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
Esta data simbólica da literatura universal coincide coa data da morte en 1616 dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, e pretende homenaxear os libros e os autores e autoras, así como fomentar o acceso á lectura ao maior número de persoas.
Ademais, neste día a UNESCO e as organizacións internacionais que representan os tres principais sectores da industria do libro −editores, libreiros e bibliotecas− seleccionan unna cidade como Capital Mundial do Libro para mantener el impulso das celebracións deste día deica o 23 de abril do año seguinte. Este 2024 a cidade elixida foi Estrasburgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario