Chégannos noticias de concursos variados, que aquí deixamos por se son do voso interese:
- O XIII proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas, convocado pola fundación do mesmo nome e a SXPL para fomentar o coñecemento do patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros educativos. Poderán concorrer aqueles de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou educación especial nas modalidades de primaria ou secundaria. O prazo de presentación de propostas remata o 1 de xuño. Podedes consultar toda a información no Portal da lingua galega: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0189/xiii-edicion-proxecto-didactico-antonio-fraguas-fraguas .
- O XII Certame de Microrrelatos Feiraco 2024, promovido por esta empresa láctea en colaboración coa SXPL, no que se establecen dúas categorías: xuvenil (a partir de 12 anos) e adulta (de 18 anos en diante). Os relatos, que deberán comezar coa frase “Púxenme a escoitar” e non superarán as 500 palabras, poderanse subir á páxina web: https://leiteratura.feiraco.es/ ata o 18 de maio. As bases están aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0191/xii-certame-microrrelatos-feiraco-letras-galegas-2024-edicion-leiteratura .
- O XV Certame de Cinema Ouff Escola, organizado polo Concello de Ourense co apoio da SXPL, para potenciar a creatividade audiovisual en galego. Poderanse presentar todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan algunha materia en lingua galega. A inscrición deberá formalizarse antes do 8 de xullo. Tedes o cartel e todos os datos en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0190/certame-cinema-internacional-escolar-ouff-escola-2024 .
Ningún comentario:
Publicar un comentario