Francisco Asorey (Cambados, 1889 - Santiago, 1961) desenvolveu a súa arte nas primeiras décadas do século XX. A súa innovadora aposta escultórica combinou o costumismo do século XIX coa conexión coas novas correntes artísticas europeas, nas que o emprego do simbolismo, o novo papel da muller ou a conexión entre nacionalismo e artes constrúen unha nova referencialidade artística. Velaí van nacer as diferentes mulleres esculpidas de Asorey: mulleres aldeás de coloridos panos, que aluden á maternidade, á devoción popular ou ao coidado do campo, de caras redondas, fazulas encarnadas e ollos azuis e que se converten en alegorías simbólicas da propia Galicia.
Se queres coñecer máis sobre Asorey e a súa arte, entra na páxina do Consello da Cultura Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario