12/02/26

Sete personaxes do Entroido tradicional galego

Das festas que celebramos ao longo do ano, e celebramos unhas poucas, o Entroido é a máis desenfadada e desenfreada de todas. Nas versións máis ancestrais das súas orixes, formaría parte dos ritos vinculados ao inverno, concretamente á fin do frío máis rigoroso e á chegada da época propia para sementar e, segundo isto, a finalidade das máscaras sería a de espantar os malos espíritos das colleitas.

E é que o máis típico do Entroido, deixando á parte as comidas, é andar de carauta posta, chocallando e trangallando, é dicir, correndo o Entroido, procurando que non che caian uns lategazos ou unha presa de formigas. No Entroido permítese todo, menos pasar del.

Con tanta mascarada non resulta doado sabermos quen é quen. Daquela, neste setestrelo, os de Portal das Palabras danlles un repaso a algúns dos personaxes máis recoñecidos do noso Entroido: pantallas, charrúa, meco...

Só tes que facer clic, aquí

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.