23/10/26

Novidades da nosa biblioteca

Coa caída das follas e a baixada das temperaturas destes días, xa estamos no outono real. Isto fai que nos quedemos máis na casa e para que non caiades no aburrimento, aquí vos traemos algunhas das últimas novidades da nosa biblioteca:

"1984", de George Orwell. Unha das máis coñecidas distopías (ou profecía?) do século XX na que se nos advertía dos perigos do adoutrinamento masivo e o totalitarismo.


"Panthera Tigris", de Sylvain Alzial. Un precioso libro para coñecer todo sobre os tigres.


"As fillas bravas de Momán", de Chévere Teatro.  A obra céntrase en tres mulleres maiores que viven na aldea de Momán e que cantan e tocan pezas da tradición oral galega do mesmo xeito que o fixeron as súas antepasadas, porque "son fillas do vento".


"Só para adultos", de Iria Misa. Unha novela que nos fala das relacións entre adolescentes e a influencia e os perigos que poden ter as redes sociais e a pornografía como factores creadores de modelos de relacións que non teñen nada que ver coa realidade.


"O curioso mundo de Calpurnia Tate", de Jacqueline Kelly. A estas alturas, xa falamos dun clásico da literatura xuvenil. Continuación de "A evolución de Calpurnia Tate", historia dunha rapaza de doce anos e a súa curiosidade pola natureza e as teorías de Darwin.



"Antes del lunes", de Silvia Salgado. Unha serie de artigos "escritos un domingo para ser lidos en luns". Unha literatura diferente sobre as pequenas cousas do día a día.



"Tortura branca", de Narges Mohammadi. Un libro con entrevistas a catorce mulleres iranianas que estiveron no cárcere pola súa oposición ao rexime da República Islámica, incluida a propia autora, Premio Nobel da Paz vai tres anos. O título refírese á tortura branca, tipo de tortura non física que consiste no illamento e a privación sensorial extrema, o que fai que a vítima entre nun estado de desorientación temporal e perda da autoconciencia.

Isto e moito máis xa está a vosa disposición na nosa biblioteca. Agardámosvos!

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.