29/01/22
28/01/22
27/01/22
Nenas beduínas na escola
25/01/22
24/01/22
21/01/22
20/01/22
O César de Diego As, candidato a mellor mural do mundo. Parabéns!
| Foto de Nós Diario |
Máis información, entrando aquí
19/01/22
18/01/22
Chega Wordle en galego!
É un xogo de acceso libre, para o que non hai que rexistrarse, e tampouco ten anuncios. Cada día hai unha palabra nova de 5 letras para descrifrar en 6 intentos. A dinámica do xogo lembra á do Mastermind polo código de cores que sinala se unha letra aparece ou non na palabra que se propón, ou se está na posición correcta.
Creado orixinalmente en inglés polo enxeñeiro de Brooklyn Josh Wardle, que en outubro o subíu á rede e lle deu nome xogando co seu propio apelido. O colombiano Daniel Rodríguez creou pouco despois a versión en castelán e chega agora a do galego Abraham Martínez Gracia, acaba de adaptalo ao galego.
Se queres, podes xogar entrando aquí
Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María
A Casa-Museo Manuel María envíanos as Bases da V edición deste concurso, destinado ao alumnado de Secundaria, Bacharelato, ESA e ciclos formativos, co obxectivo de potenciar a creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.
Se tes interese en participar, podes entrar desde aquí.
12/01/22
11/01/22
10/01/22
05/01/22
01/01/22
24/12/21
22/12/21
20/12/21
16/12/21
15/12/21
14/12/21
09/12/21
07/12/21
02/12/21
01/12/21
Escolas e escolares
30/11/21
25/11/21
24/11/21
18/11/21
Darío. In memoriam
Estamos conmocionados pola noticia do falecemento onte de Darío Xohán Cabana, poeta e narrador galego imprescindible, que acudiu á nosa Biblioteca en febreiro de 2014 para un encontro co alumnado de Bacharelato, que lle fixo preguntas sobre o seu Galván en Saor, lectura obrigatoria aquel curso e outros posteriores.
Sempre é triste cando morre un escritor ou escritora, pero se se trata de alguén bo e xeneroso, honesto e comprometido coa súa terra, como Darío o foi, a tristeza é case insuperable.
Que a terra lle sexa leve.
Faleceu Darío Xohán Cabana
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Por amor sángranme os pulsos
e ábreseme o corazón
Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor.
17/11/21
16/11/21
11/11/21
Cristina Peri Rossi, flamante Premio Cervantes
A autora uruguaia, exiliada desde 1972 en Barcelona, acaba de ser premiada co Cervantes, máximo galardón das letras en español. Ata o momento, só cinco escritoras foran premiadas con el; a última, IdaVitale, que en 2018 se uniu ás españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010), a cubana Dulce María Loynaz (1992) e a mexicana Elena Poniatowska (2013).
Peri Rossi, novelista, poeta, creadora de relatos, feminista convencida, e autora de obras como Las musas inquietantes, El libro de mis primos, Los amores equivocados, Todo lo que no te pude decir ou, máis recentemente, La insumisa.
09/11/21
COP 26
Estase a celebrar na cidade escocesa de Glasgow o Cumio do Clima, de enorme importancia para o futuro inmediato, xa que das decisións e compromisos que se adopten depende o futuro do noso planeta.
Se queres máis información, podes entrar nos seguintes enlaces:
- Participación da Xunta
- Como funciona e que se agarda do COP 26
- Redución galega de gases contaminantes
- Páxina de ONU sobre cambio climático
04/11/21
03/11/21
28/10/21
27/10/21
26/10/21
24/10/21
Feliz Día, felices libros
Para celebrar o Día das Bibliotecas asomámonos a cinco bibliotecas fermosas e moi diferentes:
![]() |
| Biblioteca da Real Academia Nacional de Medicina (Madrid) |
![]() |
| Biblioteca Nacional da República Checa en Praga |
![]() |
| Biblioteca Pública de Vennesla (Noruega) |
![]() |
| Biblioteca do Mosteiro de Admont (Austria) |
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.























