É un xogo de acceso libre, para o que non hai que rexistrarse, e tampouco ten anuncios. Cada día hai unha palabra nova de 5 letras para descrifrar en 6 intentos. A dinámica do xogo lembra á do Mastermind polo código de cores que sinala se unha letra aparece ou non na palabra que se propón, ou se está na posición correcta.
Creado orixinalmente en inglés polo enxeñeiro de Brooklyn Josh Wardle, que en outubro o subíu á rede e lle deu nome xogando co seu propio apelido. O colombiano Daniel Rodríguez creou pouco despois a versión en castelán e chega agora a do galego Abraham Martínez Gracia, acaba de adaptalo ao galego.
Se queres, podes xogar entrando aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario