11F NORMAS DO CONCURSO “ADIVIÑA QUEN SON”
Para celebrarmos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), dende o IES Río Miño queremos visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Así pois, organizamos o concurso “Adiviña quen son” ao que podedes acceder na seguinte ligazón:
Teredes que averiguar que científica se atopa detrás de cada unha das pistas colocadas no taboleiro da entrada do instituto. As dúas persoas que coñezan máis mulleres científicas gañarán un agasallo moi científico. Será para ti?
Se aceptas o reto, le as nosas bases:
Poderá participar todo o alumnado do Centro.
Unha única participación por estudante.
Os participantes enviarán as súas respostas a través do formulario.
A data límite para a participación no concurso será o xoves día 8 de febreiro ás 20:00.
Concederanse dous premios para as dúas persoas que teñan máis acertos.
No caso de que se produza un empate no número de acertos realizarase un sorteo para decidir as/os premiadas/os.
A participación no concurso e o correspondente envío do formulario supón a aceptación destas bases.
O/A vencedor/a comunicarase o venres día 9 de febreiro no segundo lecer.
Anímate a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario