15/11/22

Concurso de Microrrelatos

Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega do IES Río Miño convocan un Concurso de microrrelatos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.

 As bases que rexen este certame son:

1. Poderá participar todo o alumnado do Centro. Cada participante poderá presentar un único microrrelato.

2. Os microrrelatos deberán ser presentados escritos en lingua galega e á man.

3. Temática: Sensibilización fronte á violencia de xénero.

4. Extensión máxima de 100 palabras.

5. Os microrrelatos entregaranse ao titor ou titora ou ao profesor/a de Lingua Galega correspondente.

6. O prazo de admisión finaliza o martes 22 de novembro.

7. O xurado estará composto por membros do Equipo da Biblioteca e o de DLG e o seu fallo será inapelable.

8. Concederanse dous premios por nivel, isto é: 

Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Nivel 3 para o alumnado de 1.º e 2.º de Bac

Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e vale de 15 € para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.

9. A decisión do xurado darase a coñecer na Biblioteca do Centro o venres 25 de novembro no segundo lecer e será publicada  no blog da Biblioteca xunto cos relatos.

10. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.


Rábade, a 10 de novembro de 2022


Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.